Política

Archived Posts from this Category

Alter ego…

Posted by leituga on 13 Mai 2008 | Tagged as: Caos, Cousas..., Leitugadas, Lista de ligazóns, Política

Debátome entre a liña continuista leituguil que tantas dores, decepcións e chascos me leva proporcionado nos últimos meses,  e mesmo anos e a liña con flema británica.

Se non me paso moito por aquí proximamente, non mo teñades en conta.

Ide ata o fotolog, alí vos darei indicacións.

 Deica!

Chuzame! chuzame -

O colmo. O p*** colmo.

Posted by leituga on 02 Mai 2008 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política

Este mes fago 24 anos.
Levo traballando dende 2006, de bolsa en bolsa, de empresa en empresa.
Teño cotizados, dende entón, 17 días.
Sigo sen ter ningún tipo de dereito laboral e/ou persoal, traballando para empresas a través de fundacións, o que fai que non teña ningunha implicación final con elas, e polo tanto, elas non teñen ningunha responsabilidade cara min.
Levo facendo 40 horas semanais dende setembro.
Ata agora, cando cobrei, foi sempre menos que o salario mínimo interprofesional estipulado polo Goberno.
Non teño dereito a vacacións.
Se estou enferma máis de tres días, corro o risco de que me quiten a bolsa e chamen a outro bolseiro (si, si, isto aparece no contrato).
Iso si, segundo o resto do mundo, non teño dereito a queixa, que estou comezando. Non teño dereito a queixa, porque estou traballando. Non teño dereito a queixa, porque é algo do que estudiei...

E hoxe entérome que, por non poder, non podo nin solicita-la axuda ao aluguer do Ministerio de Vivenda, nin a Renda básica de emancipación da Xunta. Por que? porque nin estou traballando, nin estou no paro. Vivo no limbo dos bolseiros.

MANDA CARALLO.

PD: síntome con total dereito a ser malfalada agora mesmo, síntoo.

Chuzame! chuzame -

conceptos clave

Posted by leituga on 06 Abr 2008 | Tagged as: Política

A estas alturas con estas historias... este artigo ten toda a razón do mundo:

Peggy in my heart.

Chuzame! chuzame -

Lamentable

Posted by leituga on 07 Mar 2008 | Tagged as: Política

Lamentable escoita-las noticias hoxe.

Lamentable que sexades vós os protagonistas.

Lamentable que vos empeñedes en luxar unha e outra vez o nome do voso país.

Lamentable que outra vez un atentado manche de sangue as horas anteriores ás eleccións (que pasou, acaso sentiades envexa daqueles que hai catro anos nos meteron o medo no corpo?)

Lamentable que a alcaldía do concello no que te criaches non condene o atentado que te matou.

En días coma o de hoxe... dame noxo pensar que pertencemos á mesma especie.

Chuzame! chuzame -

Historia universal

Posted by leituga on 07 Mar 2008 | Tagged as: Leitugadas, Política

Cuando nos encontramos hablabas siempre del amor.
El amor no es lo que piensas, el amor no es lo que piensas.

Cuando nos conocimos sólo buscabas libertad.
Eso lo buscamos todos, eso lo buscamos todos.

Cuando nos reencontramos querías volver a empezar.
Te confundiste con la soledad, te confundiste con la soledad.

Cuando nos dimos cuenta habían pasado años ya.
Acabarás haciéndome daño, acabaré haciéndote daño.

Cambiamos nuestros planes y hablabas de disfrutar el momento.
Un momento es muy poco tiempo, un momento es muy poco tiempo.

Cuando nos despedimos abrías una puerta más.
Encontrarás algo mejor, encontraré algo mejor.

El amor no es lo que piensas,  el amor no es lo que piensas...

... Mañán, mulleres e homes, saíde a manifestarvos e o domingo, facede o favor de ir votar. Polos que non puideron.

Chuzame! chuzame -

Eleccións!

Posted by leituga on 22 Feb 2008 | Tagged as: Leitugadas, Política

Todos os que me coñecedes un pouco sabedes que unha das épocas máis excitantes -non nese sentido, cochos- para min é esta que comeza: a campaña das eleccións xerais (curiosamente, en ano bisesto, será para ter máis días de campaña?).
Encántame, disfruto como unha nena analizando os programas electorais, os mitins, os actos públicos (sobretodo se hai nenos de por medio aos que bicar, moi pequenos, moi loiros, moitos nenos! e avoíñas con banderillas!). Que 15 días comezan! :D.
Non me van chegar as horas para tantas cousas como quero facer: ver os debates, as entrevistas, ler e escoitar análises, porcentaxes, intención de voto, enquisas a pé de urna... e non é porque me crea as promesas de ninguén, nin confíe en que vaia gañar tal ou cual candidato (de feito, a día de hoxe non teño decidido aínda o meu voto), pero é que toda esta parafernalia e o desplege informativo que se forma en torno a ela encántame. Por non falar da incertidume do día 9, claro... cun punto de partida tan axustado quen sabe qué pode acontecer.

Onte quedei esperando fronte á tele a que saísen os primeiros espazos electorais, e cal foi a miña sorpresa ao ver que en TVE eran os seguintes (tiven que anotalos, parecíame unha mágoa desperdiciar algo así):
Lucha internacionalista
Unión por Leganés
Los verdes
Ciudadanos en blanco
Falangistas
Movimiento católico español (por una España como dios manda - tu voto para los tuyos)
Partido Socialdemócrata
Partido Humanista (vota valiente)
Comunión Tradicionalista Carlista (vota tradición)

... non sei cal será a vosa opción política (a miña dende logo, ningunha destas), pero sexa cal sexa, por favor, ide votar o día 9 (creo que xa se abriu o prazo para solicitar o voto por correo, espabilade!), aínda que sexa en branco, co nariz tapado ou blasfemando, pero lembrade que non votar é darlle a victoria á opción maioritaria (e todos sabemos cal é). Maldita lei D'Hont!

...e se queredes saber a qué me dediquei onte á tarde: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=268020&idGaleria=1802

Chuzame! chuzame -

Tortura

Posted by leituga on 13 Xan 2008 | Tagged as: Cousas..., Política

Porque non fai falla ir a Guantánamo para dar con ela.

 Cando o outro día vexo na tele que un dos etarras é ingresado no hospital un día despois de ser detido, o primeiro que me veu á cabeza foi unha imaxe que teño gravada a lume: Unha rapaza que aparece no documental de Medem, 'Euskal pilota', falando de cómo a torturaron cando estivo detida, en concreto contaba cómo a afogaban cunha bolsa na cabeza e lle puñan electrodos... imposible esquecelo.

Todo parecía sospeitoso, cando de súpeto, para amañalo sae o Ministro de Xustiza dicindo que 'non hai que esquecer contra quen loitamos'. Amigo... excusatio non petita, accusatio manifesta. E mentres nos medios de comunicación obvian o tema, mentres a clase política pasa por riba da sombra da tortura sen mollarse unha vez máis, ten que ser un xuíz quen alce a voz sobre o acontecido.

E non, antes de que os demagogos de sempre me preguntedes de qué lado estou, xa volo respondo eu: estou do lado da xustiza, pero da xustiza de verdade, non da que para obter unha resposta dá unha labazada. Vaia un mundo máis xusto o que creamos, no que o poder se demostra con violencia. Maquiavelo asustaríase con nós.

Chuzame! chuzame -

Por alusións.

Posted by leituga on 16 Out 2007 | Tagged as: Caos, Cousas..., Política

Tiña pensado volver pasarme por aquí para contárvo-lo que está a acontecerme ultimamente. O principal? a bolsa Feuga na Radio Galega. E tirando de tópicos: non hai mal que por ben non veña, supoño.

 Pero o que ía se-lo tema principal acaba de trocarse secundario 'grazas' a un post que veño de recibir. Pégoo íntegro para que o poidades ler, e rebátoo a seguir:

No nos conocemos de nada, pero acabo de leer tu  fotolog de hoy en el que hablas de la noticia de la casa de Vilarchán y tengo que contestarte.

 

Para empezar, a ver si lo entiendes, en Vilarchán habrá el mismo nivel de racismo que podrá haber en cualquier otra ciudad. Por si no lo sabes, no es un problema contra una raza concreta, sino contra unos individuos concretos, pero pensar que es lo primero es perfecto para que cualquier persona como tú comente la noticia de la forma más demagoga posible y quedar así como la más tolerante.

Deberías conocer qué se cuece en O Vao, antes de opinar y de tachar a todo un pueblo de algo tan duro como es la palabra racismo.

Espero que cuando crees una familia, te vayas a vivir ahí ya que tanto apoyas la integración, verás qué bien se lo pasan tus hijos jugando entre jeringuillas y traficantes.

Y como sé que vas a responderme llamándome racista a mi también, me da igual lo que digas. A un lado de donde vivo residen varias familias gitanas, y al otro lado un grupo de drogadictos y delincuentes españoles. Contra los primeros no tengo absolutamente nada, en cambio contra los segundos sí. ¿Me convierte eso en una racista también?

 

Que por lo que he leído debes tener unos 20 añitos hija, todavía tienes mucho que aprender y mucha ingeniudad que perder, pero no te preocupes que la vida ya se encarga de enseñártelo.

 

Para comezar, hei dicir que rebater argumentos baseándose na idade do interlocutor e convidarme a vivir entre xeringas e traficantes non deixa en moi bo lugar ao meu novo amigo. O que máis graza me fai de todo é se cadra a derradeira frase. Quen me coñece sabe que de inxenua teño máis ben pouco, e os meus 20 'aniños' hai tempo que quedaron atrás. Por suposto que agardo que a vida me siga ensinando cousas como ata agora, e querido amigo, se te detés un pouco no meu blog lerás que pasei un par de anos vivindo enriba dunha narcosala e ademais é un tema que por desgraza quédame na familia, así que podo dicir que nese aspecto estou máis que curada de espantos, se é iso o que queres que a vida me amose. E si, sigo pensando que o que aquí se está a cocer é un problema de integración, un problema de racismo escudándose en temas de drogas, en 'seguridade' e no 'benestar' das familias que xa viven aí. A miña pregunta, sendo case tan demagoga coma o meu interlocutor, é: van face-lo mesmo con tódolos veciños? se descobren que o fillo da veciña de arriba trapichea vano botar da vila?.

O que si lle aconsello ao meu novo amigo, se non queren que a xente pense o mesmo ca min, se o tema é outro, é que cambien de voceiros nos medios de comunicación, porque o que está a quedar claro en todas partes é que se quen chega a mercar esa casa calquera outra familia, ninguén indagaría para atopar un argumento para non querelos como veciños.

 De tódolos xeitos, isto é o que máis me gusta de ter un blog, que quen o lea se sinta libre para opina-lo que sexa, esteamos dacordo ou non. Niso baséase a liberdade.

Chuzame! chuzame -

Cambio de goberno

Posted by leituga on 06 Xull 2007 | Tagged as: Política

Zapatero vén de anunciar hoxe a que supoño que será a derradeira remodelación do seu goberno nesta lexislatura. Alédome de que saian do Goberno Trujillo e Carmen Calvo, porque vaia ministras! Entre as medidas ineficaces da primeira (e as zapatillas para buscar piso) e o afán de ser 'guai' da segunda... manda truco.

Os que entran (ou cambian de carteira) son os seguintes:

Cultura será dirixida por César Antonio Molina, o director do Instituto Cervantes. Ogallá se note o cambio.

Vivenda, vaise Trujillo e entra Carme Chacón. A verdade, espero que o faga mellor que a primeira (tampouco é difícil), pero non sei... a min C.Chacón non me gusta moito, paréceme demasiado seguidista, demasiado entusiasta do Psoe, aínda que igual é unha pose, vaite ti a saber.

Administracións Públicas pasa a mans de Elena Salgado, a ex-ministra de Sanidade, e dáselle a patada a Jordi Sevilla.

Sanidade pasará a estar en mans dun científico, Bernat Soria. A ver se desta vez funciona e non resulta coma en anteriores ocasións, nas que un bo científico ocupa un posto político e non consegue chegar ao público.

O certo é que este cambio a última hora, que segundo Zapatero serve para prepara-la seguinte lexistatura, está a ser empregado xa, e coma sempre, coma un signo de debilidade do seu goberno. A min os cambios parécenme ben, sobretodo en Vivenda e Cultura, onde as ministras que ocupaban eses cargos brillaban pola súa ineficacia. Claro que en só oito meses vai ser difícil avaliar se os cambios foron eficaces ou non. O tempo dirá.

Chuzame! chuzame -

Posted by leituga on 13 Xun 2007 | Tagged as: Caos, Política


Chuzame! chuzame -

Next Page »