Lista de ligazóns

Archived Posts from this Category

Alter ego…

Posted by leituga on 13 Mai 2008 | Tagged as: Caos, Cousas..., Leitugadas, Lista de ligazóns, Política

Debátome entre a liña continuista leituguil que tantas dores, decepcións e chascos me leva proporcionado nos últimos meses,  e mesmo anos e a liña con flema británica.

Se non me paso moito por aquí proximamente, non mo teñades en conta.

Ide ata o fotolog, alí vos darei indicacións.

 Deica!

Chuzame! chuzame -

A nena.

Posted by leituga on 26 Feb 2008 | Tagged as: Lista de ligazóns

Habla Mariano:

"Y hay un ejemplo que resume todas mis ideas y que todo el mundo puede
entender. Yo quiero que la niña que nace en España tenga una familia y una vivienda y
unos padres con trabajo. Esto es lo mínimo que debemos exigirnos para todos, una
familia, una vivienda y unos padres con trabajo. Yo me esforzaré especialmente para
que la familia esté atendida, y la vivienda se pueda conseguir y para que no falte trabajo.
Quiero conseguir que esa niña nazca donde nazca reciba una educación, una educación
como la mejor. Quiero que se pueda pasear por todo el mundo sin complejos, porque
sabrá idiomas y porque tendrá un título profesional que se cotice en todo el mundo.
Quiero que sea un heraldo de la libertad, de la tolerancia y de los derechos humanos,
porque habrá crecido en libertad y no tendrá miedo a las ideas de los demás. Y habrá
aprendido a respetar a todos aquellos que respetan la ley. Quiero que sienta un hondo
orgullo por ser española, por pertenecer a esa nación tan vieja, tan admirable, que le
habrá ofrecido las mejores oportunidades, pero que habrá sabido ser exigente con ella
para convertirla en una mujer madura y responsable. Eso es lo que quiero."

Claro que si... tamén eu (menos o do orgullo patrio ese, sinceramente, que me parece un pouco rancio).  A menos, claro, que se refira a esta nena

... pero incluso nos peores momentos, incluso en campaña electoral hai tempo para o cine. Porque non tódolos críticos son iguais, velaquí unha mostra: Fallo de Drop.

Chuzame! chuzame -

o verán

Posted by leituga on 13 Xull 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

...xa chegou. E con el, Vincios (e a miña exaltación pondalista de todo o que me rodea), o rencontro cos meus amigos (botábavos taaaanto de menos!), os mosquitos, a suor e os concertos. Mañán toca Cultura Quente (aínda que de ter sido un pouco máis rica, estaría no SummerCase coa raparigha :P) e escoitar cancións en directo tan boas coma a que vos deixo ao final. Polo demais, veño de rematar dous libros completamente diferentes, En tiempo de prodigios (Marta Rivera de la Cruz), que me decepcionou moito, e Maus, de Art Spiegelman. Levaba tanto tempo detrás dese libro que literalmente o devorei en 24 horas. Agora quédanme V de Vendetta (agasallo do meu irmán) e os test da autoescola que me traen de cabeza. Quen sabe, quizais a final de mes estea máis preto ca nunca de andar motorizada!. ... hoxe pasoume unha cousa curiosa. Levei a revelar un carrete, pensando que o que contiña era producto dos meus paseos bilboetas coa Lomo, e cal foi a miña sorpresa hoxe, ao ilo recoller, cando vexo que as fotos eran da voda da miña curmá, que tivo lugar hai aproximadamente tres anos. O que fai deixa-las cousas metidas nos caixóns e marchar a vivir a outra parte! E ben, para rematar este post intrascendente, unha cancionciña cortesía de Marta:

A pasalo bomba!!

Chuzame! chuzame -

Cha-cha-cha-cha-chaaanges

Posted by leituga on 11 Mai 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

É curioso. Nunca fun unha persoa demasiado segura de min mesma, non tiña un gran concepto de min mesma nin me tiña por unha persoa especialmente brillante (a ningún nivel), e sempre tentaba agochar tódolos meus medos e manías tras unha fachada falangueira.

O caso é que, non sei se será pola idade ou polo sol que está facendo estes días, pero sorprendentemente noto que cada día esa Eu-de-antes vai desaparecendo, dando paso a unha nova persoa á que estou coñecendo ultimamente. Hai pequenas cousas que non me gustan desta nova eu, pero hai moitas outras que me gustan moito, que me encantan. De súpeto síntome ben, con seguridade e (case) sen medos. Gústame sentirme segura de min mesma, e saber que as persoas que me importan me apoian. Son consciente de que moitos non entenderán nada disto, e que moitas das decisións que tomo-tomarei non van ser comprendidas, pero tampouco espero que o fagan. É o que fago, o que penso, o que sinto, e non hai nada malo en face-lo que un cre que debe facer, mesmo incluso se estar segur@ de que é a decisión correcta (quen ten esa certeza). Se ao final sae mal, non pasarei a vida pensando que podía telo feito e non o fixen. E se sae ben, ole.

E si, sei que este post soa a anuncio de compresas, pero tiña ganas de escribir algo así. Algo estilo 'A quién le importa lo que yo haga'. E xa. As cousas van saíndo, paseniño. A curta está estancada dende hai tres semanas, pero o demais vai vento en popa, e iso tamén inflúe. E se consigo porme morena este verán xa sería a monda. :P

Chuzame! chuzame -

Galiza non se vende.

Posted by leituga on 02 Mai 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

Por se non tedes suficiente con prepararvos psicoloxica e fisicamente para as vindeiras eleccións hai algo que podedes ir facendo mentres tanto:

 O vindeiro domingo 6 ás 12 do mediodía en Compostela, manifestación contra a explotación urbanística do territorio. Para evitar cousas como as acontecidas en Gondomar... non ás Marbellas galegas! Se queredes saber máis

...aviso a navegantes: é probable que o meu tempo en Bilbo se estea esgotando, así que acelerade as visitas. Os primeiros en vir teñen entrada ao Guggenheim gratuita (teño 2!).

Chuzame! chuzame -

Lomo II

Posted by leituga on 28 Abr 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

Onte á tardiña, mentres estaba na radio, a Lomo chegou a casa! É tan chuspiña!! Teño unhas ganas de sacala a pasear por Bilbo! :-D

A semana que vén rematamos coa rodaxe... e o venres festa de equipo! De aquí a finais de Maio só queda montar e sentirnos satisfeitas co resultado :)

Por certo, a BSO da curta vén da man de Haatik. Entrade na páxina e escoitade 'Etorkinen Ezbaia', para min a mellor canción do grupo. Incluindo as súas versións dos Ramones e de Pearl Jam :).

Chuzame! chuzame -

Lomo

Posted by leituga on 25 Abr 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

Grazas a Tania coñecín a Lomografía.

A primeira vez que estiven na súa casa, coido que en primeiro da carreira, vin unha fotografía que me encantou. Explicoume que a fixera cunha Lomo. Unha que? Unha Lomo, unha cámara de fotos con varios lentes. Disparas unha vez e fai unha secuencia de fotografías. Xenial idea, é coma unha pequena película nun negativo!

E agora, catro anos despois do descubrimento, e cun interese renovado pola fotografía... acabo de facerme con unha!! É básica, con catro lentes e carcasa plástica, pero para comezar é un bo paso (un paso de 39 euros).

 E para os que descoñecedes qué é a Lomografía: http://es.wikipedia.org/wiki/Lomograf%C3%ADa

Teñen ata un decálogo:

1- Leva sempre a cámara contigo / 2- Emprégaa de día e de noite / 3- Lomografar non interrompe a vida cotiá, pona en escea / 4- Dispara dende a man, non dende a cara / 5- Achégate todo o que poidas ao teu obxectivo / 6- Non penses / 7- Sé rápido / 8- Non é preciso sabe-lo que tes no carrete ao momento / 9- Despois tampouco / 10- Non te preocupes por ningunha das regras.

Ai... de aquí a sete días, treme, Bilbo!

E si, soa superficial, pero ás veces tonterías así axudan a facer un pouco máis levadeiro o que parece irremediablemente imposible.

Chuzame! chuzame -

Curriculum Vitae

Posted by leituga on 19 Abr 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

Cincuenta sobres escritos de puño e letra, cincuenta selos pegados, cincuenta CVs de dúas páxinas, cincuenta cartas de presentación personalizadas e asinadas. Entre hoxe e a vindeira semana casetódolos medios de comunicación do país recibirán o meu CV.

Se deste xeito non o consigo, dimito.

Nota: Pre-licenciada, a dous meses de remata-la carreira, busca emprego en medios de comunicación/productoras/axencias de publicidade/etc, preferentemente en Galiza... claro que a estas alturas non sei se estarei en condicións de esixir ren.

Chuzame! chuzame -