Cousas...
Archived Posts from this Category
Archived Posts from this Category
Posted by leituga on 03 xun 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política
Supoño que moitos xa o coñeciades e outros tantos vístelo pola tele cando o emitiron, pero para os que non (ou para os exiliados):
Linguas Cruzadas, un documental feito para a TVG sobre o emprego do galego e o castelán nas novas xeracións, ou o que é o mesmo: nós e o bilingüismo esquizofrénico.
chúzame -
Posted by leituga on 02 xun 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
E porque non todo vai ser negativo, vou compartir con vós (mira qué xenerosa) unha das pequenas-modestas-cutriñas producións que fixemos ao longo da carreira.
Mañana Negro é o que xorde dun proxecto de Producción Audiovisual de comezos deste último ano, crear unha curtametraxe instantánea. A cousa, segundo a profesora, consiste en colle-los os equipos e en 24h gravar algo, o que se nos ocorra, de non máis de tres minutos, co títutlo 'Mañana Negro'. E este é o resultado. A historia dunha diva vida a menos que esperta unha mañán e...
chúzame -
Posted by leituga on 02 xun 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política
Non entendo qué aconteceu, porque o que escribira desapareceu. O que viña dicindo é que me parece escandaloso o que está a pasar en Gondomar. Resulta que a uns días de entrega-la alcaldía, Carlos Silva e os seus deciden adianta-la fogueira de San Xoan e queimar documentos oficiais e da concellalía de Urbanismo así, con toda a súa cara. E agora, descuberto o pastel, aparece o señor Silva na Voz de Galicia dicindo que non sabía nada do tema e que todo é unha estrataxema da oposición para desacreditalos. Pero é que aínda non se decatou de que el soíño se desacredita?
Os documentos da concellalía de Urbanismo, a máis corrupta de todas e que segue baixo sospeita, arderon misteriosamente. En fin. De xulgado de garda é este concello.
PD: O 15 de Xuño tralo derradeiro exame da carreira, volvo a Vincios (dez días). En xullo volvo DE-FI-NI-TI-VA-MEN-TE.
chúzame -
Posted by leituga on 30 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Parabéns para miiiin!
Pois si, estou de aniversario. Un aniversario dominado polo cambio, a tódolos niveis.
E xa recibín as primeiras felicitacións e os primeiros agasallos! (que, por certo, xa non só é que non teña queixa, é que estou superagradecida! -osea-).
Grazas aos que estades, aos que vos lembrades e aos que seguides aí, pase o que pase. Se o merezo ou non, o tempo o dirá.
chúzame -
Posted by leituga on 28 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política
Co 70% do voto escrutado, atrévome a lanza-las campás ao voo. GRAZAS, GONDOMAR! Unha vez máis a democracia demóstrame que, se participas, funciona. Con autobuses cheos de vellos, con corrupción urbanística, con voto emigrante falseado... e aínda así, é posible.
Se a cousa queda así, o PP obtería 7 escanos, o BNG 5, o PSOE 4 e MOVE GONDOMAR 1, co cal, cun pacto entre BNG e PSOE, Antón Araúxo sería alcalde! Parabéns para el, e parabéns para tódolos que imos poder disfrutar desta nova etapa, da súa calidade como persoa e como candidato. Ogallá, ogallá a ilusión que sinto agora mesmo se vexa reforzada nestes vindeiros catro anos. Porque nolo merecemos.
Aburiño, Silva!
PD: Definitivamente, é unha etapa de cambio.
chúzame -
Posted by leituga on 26 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Política
Realmente agardades, veciños de Gondomar que estades a ler isto,
un cambio?
que Carlos Silva se levante do asento no que leva tanto tempo apoltronado e diga: 'perdín, voume'?
que a partires de mañán o voto non se compre a cambio de asfalto ou bocadillos?
que a partires de mañán o voto, directamente, non se compre?
que o Val Miñor deixe de aparecer nos xornais como a Marbella pontevedresa?
Pois eu si. Eu confío. Dádeme razóns para seguir facéndoo.
...e mentres tanto, outro ciclo que se pecha... ou non.
chúzame -
Posted by leituga on 24 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Extraperrestres é un proxecto de animación que comezou hai cousa de catro anos. O Colectivo Garrafón estaba inmerso nunha das súas reunións de traballo, desas que sempre acababan en desbarre, cando alguén (probablemente Carlos) fixo un dos xogos de palabras absurdos que nos caracterizaban. E a partires de aí naceron persoeiros como Perrita Hayworth, Perrol Flynn, Sando-Can, Cadela Vargas, etc. Ben, pois o que en principio era unha coña estase a converter, da man dunha das garrafónicas (ver aquí) nun proxecto de curta de animación:
'Extraperrestres. Porque la Galaxia está llena de hijos de perra'.

Xa vos irei contando os progresos.
Por certo, por se non o sabedes (ou non o lembrades) os integrantes do Colectivo Garrafón, son os mesmos que crearon e disolveron Rara Avis Produccións e que formaron parte do FLAN (Fronte de Liberación Audiovisual do Noroeste). Para máis info: 1, 2, 3, 4, 5, ...
chúzame -
Posted by leituga on 21 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política
Son as sete da mañán. Esta noite durmín mal e aproveitei para levantarme e avanzar coas cousas de clase. Non sei se isto é responsabilidade ou estupidez, a verdade.
O caso é que mentres buscaba información sobre outro tema atopei un blog moi interesante. E mentres aquí nos saturan con promesas que ninguén vai lembrar pasado o 27 de maio, en Palestina están empeñados en soluciona-los seus problemas acabando coa pobación, e senón, xa se encargará Israel de dárlle-lo tiro de graza.
Frío, chuvia, vento e resfriado. Calquera diría que faltan 11 días para xuño (e 10 para o meu aniversario, non o esquezades!)
chúzame -
Posted by leituga on 17 mai 2007 | Tagged as: Caos, Cousas..., Leitugadas
Estamos en plena rodaxe. A secuencia rodada onte estivo xenial, ata o punto que case se me saltan as bágoas. Pero non sen complicacións, claro, senón non andaría eu polo medio.
Conversas roubadas durante a rodaxe:
Por que non entra o audio/ Enchufaché-lo micro/ Pois esta é a entrada/ Cambia a XLR/ Hai que porlle Phantom/ Si, dalle ao Phantom/ Entra/ Non, isto é unha merda/ Por que lles deixarán as HDV aos de primeiro/ Á pértega fáltalle unha peza/ Se o soltas cae/ Quen deixou a cámara acesa/ Acabouse a batería/ Sopra demasiado vento, merda/ Imos probar un plano fixo/ Facemos planos aberrantes/ Si, despois probamos cámara en man/ En Canal Euskadi collen a cámara así, por debaixo/ Pois co pulso que teño/ Merda, os folios/ Que lle pasa ao balance/ Ai, que merda/ Isto non acaba nunca/ O caranguexo do trípode está mal/ Mira a burbulla/ A ver, barras/ Por que comeza a contar dende 5/ Está rebobinada/ Sí, barras outra vez/ A ver, cinco e...
E cousas así. Calquera diría que estamos a piques de obter un título. Uf.
Tremede, Almodóvares do mundo!
chúzame -
Posted by leituga on 14 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
E como non só de cine e viño vive a xente, dúas recomendacións:
Zero 7, moi semellantes a Smoke City, Moby ou Shivaree, con pequenas xoias como 'In the waiting line'.
A muliña quéreme ben, que ademais de cousas 'novas' de Zero 7, acaba de atoparme unha xoia: un recopilatorio dos vinilos de Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán. Non eran un gran grupo, pero forman parte da miña infancia. Señora Azul, unha das miñas cancións favoritas, e 'Nuestro problema', unha perfecta banda sonora para este estraño día a día. E si, a culpa é dos meus pais.
chúzame -