O colmo. O p*** colmo.
Posted by leituga on 02 Mai 2008 at 10:58 am | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política
Este mes fago 24 anos.
Levo traballando dende 2006, de bolsa en bolsa, de empresa en empresa.
Teño cotizados, dende entón, 17 días.
Sigo sen ter ningún tipo de dereito laboral e/ou persoal, traballando para empresas a través de fundacións, o que fai que non teña ningunha implicación final con elas, e polo tanto, elas non teñen ningunha responsabilidade cara min.
Levo facendo 40 horas semanais dende setembro.
Ata agora, cando cobrei, foi sempre menos que o salario mínimo interprofesional estipulado polo Goberno.
Non teño dereito a vacacións.
Se estou enferma máis de tres días, corro o risco de que me quiten a bolsa e chamen a outro bolseiro (si, si, isto aparece no contrato).
Iso si, segundo o resto do mundo, non teño dereito a queixa, que estou comezando. Non teño dereito a queixa, porque estou traballando. Non teño dereito a queixa, porque é algo do que estudiei...
E hoxe entérome que, por non poder, non podo nin solicita-la axuda ao aluguer do Ministerio de Vivenda, nin a Renda básica de emancipación da Xunta. Por que? porque nin estou traballando, nin estou no paro. Vivo no limbo dos bolseiros.
MANDA CARALLO.
PD: síntome con total dereito a ser malfalada agora mesmo, síntoo.
chuzame -
Pois si, ser bolseiro é un asco, e máis cando che din que “qué máis queres!”. Non sei cómo será noutros casos, pero está claro que no mundo xornalístico-audiovisual, non fas traballo de fotocopias e café, fas algo de forma profesional e cualificada…
Pero ZP prometeu un estatuto do bolseiro nesta lexislatura -de todas formas, esperemos que xa non o sexas cando o saque….
Animo leituga mais tarde, ou temprano atoparas o teu sitio. Isto e unha vergoña, e agora resulta que as inmobiliarias piden axudas, parece ser que gañaron pouco; os neocons, piden liberalizar ainda mais o mercado laboral, o final en vez de darlle a liquidacion, os currantes van a darlle un patada no cu. Animo e MANDA CARALLO!.
O amigo é JMMR18 (olvidouseme)
Pa cagarse…