Maio 2008

Monthly Archive

Alter ego…

Posted by leituga on 13 Mai 2008 | Tagged as: Caos, Cousas..., Leitugadas, Lista de ligazóns, Política

Debátome entre a liña continuista leituguil que tantas dores, decepcións e chascos me leva proporcionado nos últimos meses,  e mesmo anos e a liña con flema británica.

Se non me paso moito por aquí proximamente, non mo teñades en conta.

Ide ata o fotolog, alí vos darei indicacións.

 Deica!

Chuzame! chuzame -

Wishlist

Posted by leituga on 13 Mai 2008 | Tagged as: Leitugadas

Como tódolos meses de Maio, xa vai sendo hora de que comece a publicar a miña lista de agasallos de cumpreanos (24 xa!) á que podedes recorrer se non se vos ocorre nada que regalarme, jaja.

 Teño bastantes cousas en mente, pero as primeiras están claras:

1- Munchkin, imprescindible e divertidérrimo xogo de mesa: http://www.edgeent.com/v2/edge_minisite.asp?eidm=56

2- no seu defecto, Star Munchkin:
http://www.edgeent.com/v2/edge_minisite.asp?eidm=60

3- un Nick Cave para min (oh, señor Cave, oh... esa voz, ese aspecto, esa forma de cantar!)

... o resto da lista está nun bloc no portátil, xa actualizarei con ela (preparádevos!)

Ah, e si, se todo vai ben, en Outubro vou a Toronto!

Chuzame! chuzame -

Decía Borges (que no Forges)

Posted by leituga on 07 Mai 2008 | Tagged as: Caos, Cousas..., Leitugadas

Después de un tiempo, uno aprende la sutil diferencia  entre sostener una mano y encadenar un alma;
y uno aprende que el amor no significa acostarse y que una compañía no significa seguridad
y uno empieza a aprender que los besos no son contratos, los regalos no son promesas
y uno empieza a aceptar sus derrotas con la cabeza alta y los ojos abiertos
y uno aprende a construir todos sus caminos en el hoy, porque el terreno de mañana es demasiado inseguro para planes...y los futuros tienen una forma de caerse en la mitad.

Y después de un tiempo uno aprende que si es demasiado, hasta el calor del sol quema. Así que uno planta su propio jardín y decora su propia alma, en lugar de esperar a que alguien le traiga flores.

Y uno aprende que realmente puede aguantar, que uno realmente es fuerte, que uno realmente vale... y uno aprende y aprende... y con cada día uno aprende.
Con el tiempo comprendes que sólo quien es capaz de amarte con tus defectos, sin pretender cambiarte, puede brindarte toda la felicidad que deseas.
Con el tiempo entiendes que los verdaderos amigos son contados, y que quien no lucha por ellos tarde o temprano se verá rodeado sólo de amistades falsas.
Con el tiempo aprendes que las palabras dichas en un momento de ira pueden seguir lastimando a quien heriste, durante toda la vida.
Con el tiempo te das cuenta de que cada experiencia vivida con cada persona es irrepetible.
Con el tiempo comprendes que apresurar las cosas o forzarlas a que pasen ocasionará que al final no sean como esperabas.
Con el tiempo te das cuenta de que en realidad lo mejor no era el futuro, sino el momento que estabas viviendo justo en ese instante

Pero, desafortunadamente, sólo con el tiempo...

(lido nlo blog de cardesorden)

PD: Só espero, polo ben das dúas, que non sexa demasiado tarde.

Chuzame! chuzame -

O colmo. O p*** colmo.

Posted by leituga on 02 Mai 2008 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política

Este mes fago 24 anos.
Levo traballando dende 2006, de bolsa en bolsa, de empresa en empresa.
Teño cotizados, dende entón, 17 días.
Sigo sen ter ningún tipo de dereito laboral e/ou persoal, traballando para empresas a través de fundacións, o que fai que non teña ningunha implicación final con elas, e polo tanto, elas non teñen ningunha responsabilidade cara min.
Levo facendo 40 horas semanais dende setembro.
Ata agora, cando cobrei, foi sempre menos que o salario mínimo interprofesional estipulado polo Goberno.
Non teño dereito a vacacións.
Se estou enferma máis de tres días, corro o risco de que me quiten a bolsa e chamen a outro bolseiro (si, si, isto aparece no contrato).
Iso si, segundo o resto do mundo, non teño dereito a queixa, que estou comezando. Non teño dereito a queixa, porque estou traballando. Non teño dereito a queixa, porque é algo do que estudiei...

E hoxe entérome que, por non poder, non podo nin solicita-la axuda ao aluguer do Ministerio de Vivenda, nin a Renda básica de emancipación da Xunta. Por que? porque nin estou traballando, nin estou no paro. Vivo no limbo dos bolseiros.

MANDA CARALLO.

PD: síntome con total dereito a ser malfalada agora mesmo, síntoo.

Chuzame! chuzame -