Todos os que me coñecedes un pouco sabedes que unha das épocas máis excitantes -non nese sentido, cochos- para min é esta que comeza: a campaña das eleccións xerais (curiosamente, en ano bisesto, será para ter máis días de campaña?).
Encántame, disfruto como unha nena analizando os programas electorais, os mitins, os actos públicos (sobretodo se hai nenos de por medio aos que bicar, moi pequenos, moi loiros, moitos nenos! e avoíñas con banderillas!). Que 15 días comezan! :D.
Non me van chegar as horas para tantas cousas como quero facer: ver os debates, as entrevistas, ler e escoitar análises, porcentaxes, intención de voto, enquisas a pé de urna... e non é porque me crea as promesas de ninguén, nin confíe en que vaia gañar tal ou cual candidato (de feito, a día de hoxe non teño decidido aínda o meu voto), pero é que toda esta parafernalia e o desplege informativo que se forma en torno a ela encántame. Por non falar da incertidume do día 9, claro... cun punto de partida tan axustado quen sabe qué pode acontecer.

Onte quedei esperando fronte á tele a que saísen os primeiros espazos electorais, e cal foi a miña sorpresa ao ver que en TVE eran os seguintes (tiven que anotalos, parecíame unha mágoa desperdiciar algo así):
Lucha internacionalista
Unión por Leganés
Los verdes
Ciudadanos en blanco
Falangistas
Movimiento católico español (por una España como dios manda - tu voto para los tuyos)
Partido Socialdemócrata
Partido Humanista (vota valiente)
Comunión Tradicionalista Carlista (vota tradición)

... non sei cal será a vosa opción política (a miña dende logo, ningunha destas), pero sexa cal sexa, por favor, ide votar o día 9 (creo que xa se abriu o prazo para solicitar o voto por correo, espabilade!), aínda que sexa en branco, co nariz tapado ou blasfemando, pero lembrade que non votar é darlle a victoria á opción maioritaria (e todos sabemos cal é). Maldita lei D'Hont!

...e se queredes saber a qué me dediquei onte á tarde: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=268020&idGaleria=1802

Chuzame! chuzame -