Febreiro 2008

Monthly Archive

A nena.

Posted by leituga on 26 Feb 2008 | Tagged as: Lista de ligazóns

Habla Mariano:

"Y hay un ejemplo que resume todas mis ideas y que todo el mundo puede
entender. Yo quiero que la niña que nace en España tenga una familia y una vivienda y
unos padres con trabajo. Esto es lo mínimo que debemos exigirnos para todos, una
familia, una vivienda y unos padres con trabajo. Yo me esforzaré especialmente para
que la familia esté atendida, y la vivienda se pueda conseguir y para que no falte trabajo.
Quiero conseguir que esa niña nazca donde nazca reciba una educación, una educación
como la mejor. Quiero que se pueda pasear por todo el mundo sin complejos, porque
sabrá idiomas y porque tendrá un título profesional que se cotice en todo el mundo.
Quiero que sea un heraldo de la libertad, de la tolerancia y de los derechos humanos,
porque habrá crecido en libertad y no tendrá miedo a las ideas de los demás. Y habrá
aprendido a respetar a todos aquellos que respetan la ley. Quiero que sienta un hondo
orgullo por ser española, por pertenecer a esa nación tan vieja, tan admirable, que le
habrá ofrecido las mejores oportunidades, pero que habrá sabido ser exigente con ella
para convertirla en una mujer madura y responsable. Eso es lo que quiero."

Claro que si... tamén eu (menos o do orgullo patrio ese, sinceramente, que me parece un pouco rancio).  A menos, claro, que se refira a esta nena

... pero incluso nos peores momentos, incluso en campaña electoral hai tempo para o cine. Porque non tódolos críticos son iguais, velaquí unha mostra: Fallo de Drop.

Chuzame! chuzame -

Once

Posted by leituga on 25 Feb 2008 | Tagged as: Leitugadas

Marabillosa película, modesta, fermosa e emocionante. Unha desas cousas pequenas que che sorprenden, che poñen os pelos de punta e que fan que se che escape unha bágoa sen querer (se non vos pasa, sodes de pedra).

A súa canción principal está nominada esta noite ao Oscar (estou escoitando a gala mentres escribo isto -que non temos Canal+!-) á Mellor canción orixinal, e o merece porque é perfecta. Como dixo alguén hoxe -moi acertadamente-: se hai xustiza no mundo, ten que gañar esta canción.

NOTA: Mentres redacto isto, acaban de darlle o Oscar a esta canción. :D

http://youtube.com/watch?v=XzQRuTwaFI8 - Falling slowly, de Glen Hansard.

E que dicir da letra, unha mostra:

Falling slowly, eyes that know me
And I can't go back
Moods that take me and erase me
And I'm painted black
You have suffered enough
And warred with yourself
It's time that you won

Take this sinking boat and point it home
We've still got time
Raise your hopeful voice you had a choice
You've made it now
Falling slowly sing your melody
I'll sing along

Chuzame! chuzame -

Eleccións!

Posted by leituga on 22 Feb 2008 | Tagged as: Leitugadas, Política

Todos os que me coñecedes un pouco sabedes que unha das épocas máis excitantes -non nese sentido, cochos- para min é esta que comeza: a campaña das eleccións xerais (curiosamente, en ano bisesto, será para ter máis días de campaña?).
Encántame, disfruto como unha nena analizando os programas electorais, os mitins, os actos públicos (sobretodo se hai nenos de por medio aos que bicar, moi pequenos, moi loiros, moitos nenos! e avoíñas con banderillas!). Que 15 días comezan! :D.
Non me van chegar as horas para tantas cousas como quero facer: ver os debates, as entrevistas, ler e escoitar análises, porcentaxes, intención de voto, enquisas a pé de urna... e non é porque me crea as promesas de ninguén, nin confíe en que vaia gañar tal ou cual candidato (de feito, a día de hoxe non teño decidido aínda o meu voto), pero é que toda esta parafernalia e o desplege informativo que se forma en torno a ela encántame. Por non falar da incertidume do día 9, claro... cun punto de partida tan axustado quen sabe qué pode acontecer.

Onte quedei esperando fronte á tele a que saísen os primeiros espazos electorais, e cal foi a miña sorpresa ao ver que en TVE eran os seguintes (tiven que anotalos, parecíame unha mágoa desperdiciar algo así):
Lucha internacionalista
Unión por Leganés
Los verdes
Ciudadanos en blanco
Falangistas
Movimiento católico español (por una España como dios manda - tu voto para los tuyos)
Partido Socialdemócrata
Partido Humanista (vota valiente)
Comunión Tradicionalista Carlista (vota tradición)

... non sei cal será a vosa opción política (a miña dende logo, ningunha destas), pero sexa cal sexa, por favor, ide votar o día 9 (creo que xa se abriu o prazo para solicitar o voto por correo, espabilade!), aínda que sexa en branco, co nariz tapado ou blasfemando, pero lembrade que non votar é darlle a victoria á opción maioritaria (e todos sabemos cal é). Maldita lei D'Hont!

...e se queredes saber a qué me dediquei onte á tarde: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=268020&idGaleria=1802

Chuzame! chuzame -