Porque non fai falla ir a Guantánamo para dar con ela.

 Cando o outro día vexo na tele que un dos etarras é ingresado no hospital un día despois de ser detido, o primeiro que me veu á cabeza foi unha imaxe que teño gravada a lume: Unha rapaza que aparece no documental de Medem, 'Euskal pilota', falando de cómo a torturaron cando estivo detida, en concreto contaba cómo a afogaban cunha bolsa na cabeza e lle puñan electrodos... imposible esquecelo.

Todo parecía sospeitoso, cando de súpeto, para amañalo sae o Ministro de Xustiza dicindo que 'non hai que esquecer contra quen loitamos'. Amigo... excusatio non petita, accusatio manifesta. E mentres nos medios de comunicación obvian o tema, mentres a clase política pasa por riba da sombra da tortura sen mollarse unha vez máis, ten que ser un xuíz quen alce a voz sobre o acontecido.

E non, antes de que os demagogos de sempre me preguntedes de qué lado estou, xa volo respondo eu: estou do lado da xustiza, pero da xustiza de verdade, non da que para obter unha resposta dá unha labazada. Vaia un mundo máis xusto o que creamos, no que o poder se demostra con violencia. Maquiavelo asustaríase con nós.

Chuzame! chuzame -