Nadal
Posted by leituga on 23 dec 2007 at 09:54 pm | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
As luces pola rúa, o frío na cara, pensar nos demais e saber que eles pensan en ti, os preparativos previos, a miña nai organizando o menú, o meu pai chamando a amigos aos que só chama por estas datas e aos que sempre di 'temos que vernos algún día destes', Teo e mais eu lembrando anos anteriores, agasallos horribles e anécdotas sobre atragantamentos con uvas, os xantares na de Purilla, as (marabillosas, divertidísimas) ceas cos Cabezas, o moito que me gusta a árbore da miña casa, o arrecendo a festa, o vestido de Fin de ano, a promesa incumprida de nunca máis saír esa noite (e a dor de pés do día seguinte), desempaquetar agasallos que xa sabes qué son, desempaquetar sorpresas inesperadas, a cara dos demais cando lles das o que mercaches pensando neles e ver que acertas, os sms inesperados, os nervios no estómago o minuto antes das uvas e a sensación de que non che vai dar tempo de comelas todas (sempre che dá), as postais por correo (cada vez menos) e por email (cada ano máis), os bicos, os saúdos, as apertas e a pequena bágoa que me esvara pola meixela sen que ninguén a vexa cada vez que rematan as badaladas, tódolos anos igual.
Son tan feliz os quince días que dura o Nadal...
PD: ...hace tiempo que yo ya no sonreía tanto.
'El amor valiente', Deluxe http://youtube.com/watch?v=VQuOeyUFW44
chúzame -
Eso de “sempre che da”, referido ó tempo de comer as uvas…tururú.
Dime o teu truco xa que o que son eu…
Bicos!
Gracias polo do fotolog,
entrei así, de casualidade, hoxe estou que devoro a rede, quince dias sen conexión volven tola a calquera ;)
qué ledicia verte tan ben, un biquiño antich
e…
un recordo de fin de ano contigo é aquel no que ti ias tan bonita cun vestido de floreciñas azuis e eu ía horrenda disfrazada de corista de Julio Iglesias ^___^ aideus! :D