Yo-YoLanda Castaño
Posted by leituga on 17 out 2007 at 11:05 am | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
En fin...
Seguro que moitos de vós oístesme algunha vez proferir improperios (suaves, sempre, que eu non son de dicir cousas malsoantes) contra Yo-YoLanda (e máis agora que traballa na versión galega do Cifras e Letras). A miña nai sempre insiste en que vaia ao concurso (500 euriños por programa... non era mala idea) pero a soa visión de Yo-YoLanda in person bótame para atrás. A súa 'poesía' por chamarlle algo non me gusta nada, pero quizais sexa a súa persoa o que máis me alporiza. Non podo entender cómo se pode ser tan... non hai palabra que a defina por completo na súa pedantería. E iso antes de entrar hoxe na páxina de Aduaneiros. Amigo!
Hai un par de meses entrei en Aduaneiros e vin unha das súas creacións, na que Yo-YoLanda imitaba ás 'mariquitas', aquelas bonecas con roupa de papel de quita e pon, cos seus trapiños. Fíxome gracia, a verdade, porque coma o resto dos seus deseños, tiña bastante coña. Cal é a miña sorpresa cando hoxe volvo entrar (de forma casual, prométovolo) e vexo isto. Despois lin en Vieiros o resto da noticia... vas gañado amigos, Castiñeira.
chúzame -
[...] Actualización (17-10; 16:30h.): La Opinión de A Coruna Bitácoras punto.com Agal-GZ Xornal Andrés Milleiro Ana Bande A Dorfunteca Apocalipse do porco Choutos Marcus Opaco Si home si Unha leituga en apuros Xornal Aberto Paraxe do incordio O ruído dos días Praza do Rei Islas Cies blog Entrecomics Jorge Dioni [...]
E coñeces a Yolanda Castaño persoalmente? sabes como é en realidade ou só pola imaxe que da nos medios? quén etiqueta aquí? aaha.
Eu non etiqueto mais falemos con propiedade. Nun panorama literario normal ten que haber de todo, como en botica!Hai escritor@s que optan polo anonimato, outros que saen só o estritamente necesario e outros que explotan a súa imaxe pública. Ao instalarse neste xeito de vida activa literaria raro é non chegar a pensar que nalgún momento podes estar exposto á parodia ou á caricatura. Os de Aduaneiros fanno con todo e necesitamos que así sexan e ela foi carne de desenho por ser referente á súa maneira dentro do país.
Fódeme que estea pechada porque o escarnio é menciña necesaria pra o vivir actual, se non que nos queda?
Non opino sobre ela porque sinxelamente non sigo o que fai, non a etiqueto porque ela xa se etiquetou para presentarse ao público.Dáme mágoa que fechara Aduaneiros e dáme mágoa que a xente teña tan pouco sentido do humor.
Bueno,eu creo que para gustos, cores, pa cores, flores, e pa flores, jardines, cada un ten a súa visión de cada quén, a min o que non me parece normel e o acribillamento ó que está sometida Yolanda, a min persoalmente, coñecina, caeme ben, e encántame a súa obra, e non por iso vou dicir que o de difamala esteña mal..digo que está mal, porque seguro que non vos gustarñia que a vós vos fixeran o mesmo, ou si? e por outra parte, en ningún momento, polo que teño lido , ós aduaneiros se lles obrigou a pechar o local, foi decisión súa, normal que á poeta lle parecera inadecuado os contidos da páxina, non se pode agredir a ninguén gratuitamente por moita liberdade de expresión que reclamedes, unha cousa é a parodia, e outra moi distinta ensañarse con ela desa maneira.
Tede un bo día.Unha Chairega.