Abandono
Posted by leituga on 30 xull 2007 at 11:52 am | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Este blog debe de te-lo síndrome do can abandonado no verán.
O certo é que debería ter escrito máis estes días, pero o verán incita á pereza e a saír máis do normal, así que pídovos desculpas aos que vos pasedes por aquí de cando en cando esperando novas e atopedes unha entrada escrita hai un mes. Non é que este mes teña sido especialmente movido, nin marchei de viaxe a lugares exóticos, simplemente estou tentando reorganiza-la miña vida, quedar cos meus amigos e ir a algún que outro concerto, que é o mellor que se pode facer no verán :)
Así que se non sabedes de min podedes facer dúas cousas: pensar que estou a pasar un verán incrible, ou pasarvos por www.fotolog.com/leituga
Vémonos nos bares!
chúzame -
Pois si. Hai poucas cousas mellores para o verán.
HOla pequeña Leituga!! antes que nada disculpoarme por no escribir en gallego, pero como sabes aunque soy del norte no compartimos tierra. NUnca te he escrito en tu blog leitugiña, pero creo que hoy es un buen día, quizás porque estoy en Alemania, quizás porque he conocido Berlín , o quizás porque mi vida va a dar un giro radical. Pero el título me ha llamado la atención y no pienso dejar en el abandono a la galleguiña más salada que he conocido. Ha sido más que un placer haber dado contigo y compartir ese puñados de momentos en el botxito del gran Bilbao, solo espero vernos pronto para contarjnos lo bien que nos trata la vida, porque nosotras nos lo merecemos!!! no cambies nunca!