Cambio de goberno
Posted by leituga on 06 xull 2007 at 11:23 am | Tagged as: Política
Zapatero vén de anunciar hoxe a que supoño que será a derradeira remodelación do seu goberno nesta lexislatura. Alédome de que saian do Goberno Trujillo e Carmen Calvo, porque vaia ministras! Entre as medidas ineficaces da primeira (e as zapatillas para buscar piso) e o afán de ser 'guai' da segunda... manda truco.
Os que entran (ou cambian de carteira) son os seguintes:
Cultura será dirixida por César Antonio Molina, o director do Instituto Cervantes. Ogallá se note o cambio.
Vivenda, vaise Trujillo e entra Carme Chacón. A verdade, espero que o faga mellor que a primeira (tampouco é difícil), pero non sei... a min C.Chacón non me gusta moito, paréceme demasiado seguidista, demasiado entusiasta do Psoe, aínda que igual é unha pose, vaite ti a saber.
Administracións Públicas pasa a mans de Elena Salgado, a ex-ministra de Sanidade, e dáselle a patada a Jordi Sevilla.
Sanidade pasará a estar en mans dun científico, Bernat Soria. A ver se desta vez funciona e non resulta coma en anteriores ocasións, nas que un bo científico ocupa un posto político e non consegue chegar ao público.
O certo é que este cambio a última hora, que segundo Zapatero serve para prepara-la seguinte lexistatura, está a ser empregado xa, e coma sempre, coma un signo de debilidade do seu goberno. A min os cambios parécenme ben, sobretodo en Vivenda e Cultura, onde as ministras que ocupaban eses cargos brillaban pola súa ineficacia. Claro que en só oito meses vai ser difícil avaliar se os cambios foron eficaces ou non. O tempo dirá.
chúzame -