Rakel
Posted by leituga on 12 xun 2007 at 10:32 am | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
A cousa vai de felicitacións ultimamente. Vese que finais de agosto e comezos de setembro é unha época que incita ao arrime, porque senón non me explico que haxa tantos nacementos entre finais de maio e comezos de xuño :P
Hoxe tócalle o turno a Rakel, ou o que é o mesmo, á raparigha. Rakel é, sen dúbida, a miña amiga máis antiga (que non a máis vella). A nosa historia vén de lonxe: temos un tataravó común, o que nos leva a bisavós irmáns e avós curmáns... e, ademais de ser veciñas, as nosas nais e tías son amigas dende sempre. Podería dicirse que estamos condenadas a entendernos, pero non é así. Coñecémonos dende moi cativas, e mesmo hai fotos que retratan momentos xuntas que eu nin lembro, aínda que en realidade non comezamos a levarnos ben ata os trece, catorce... por aí. Viviamos (agora en pretérito) preto e os nosos gustos musicais, literarios e reivindicativos coinciden ata extremos preocupantes :P.
Sei que xa o dixen algunha que outra vez, pero admiro moito a Rakel. Dende que eramos pequenas ela tiña claro qué era o que quería estudar, qué era o que quería facer e a qué se quería adicar. Sempre envexei a súa decisión (eu, a raíña da incertidume) e a súa capacidade para atoparlle o lado bo a todo. Ademais, Rakel é unha desas persoas que a miña nai chama reversibles: bonita por fóra, bonita por dentro :-)
Sei que debería ter escrito outra cousa, algo máis profundo, unha exaltación da amizade ao máis puro estilo etílico, pero en realidade o que quería facer con isto era, ademais de felicitala polos 23, darlle as grazas. Ela, ademais de amiga, crítica literaria, crítica cinematográfica e sobretodo gurú musical, é a miña confesora e unha orella sempre disposta a escoitar. Os seus consellos, os seus folgos, as súas dúbidas e mesmo as súas críticas levan axudándome anos e anos e anos, mesmo agora, na distancia (debería dicir: SOBRETODO agora, na distancia). Qué bo é saber que cando volte a casa vai estar aí para rir, para chorar, para pasar tardes no sofá coma antes, para tomar cañas e dar paseos polo Casco Vello, para ir a concertos, para facer tódolos plans que temos pendentes que sempre deixamos dun ano para o outro e que algún día cumpriremos. Que hai tempo.
Asko maite zaitut, Rakeliña!
Zorionak!
chuzame -
Que mooooonas!! ^^
(só 23! O_o )
Muito obrigada pela túa dedicatoria :PPP dighamos q isto é o q te salva de ponher uma foto minha de fai um ano na q saio bastante mal xDDDDDDDDDD ¬¬ por algo não gosto de subir fotos minhas ao fotoló, mas postos a subir podía pasar-che alguma melhor xDDDDD
Despois deste comentário tâm pouco superficial, só dizer q não sou tâm perfeita como me descrebes aínda q está bem q os demáis aínda não me conhezades tanto como para odiar-me ^^
A túa mai é mui amável, mas creio q me conheze aínda menos :P
Muitos beijos e este sábado já sabes o q toca :DDDDDDD
Obrigada por tudo :) sinceiramente