Parabéns
Posted by leituga on 06 xun 2007 at 11:13 am | Tagged as: Leitugadas
Teño un irmán que hoxe cumpre 18 anos. É abraiante, facendo memoria, das cousas das que unha é capaz de lembrarse:
1-A primeira vez que fun consciente de que ía ter un irmán (ou irmá). Sei que papá e mamá mo dixeran varias veces, pero lembro unha tarde, á volta do cole, na que mamá me dixo que apoiase a cabeza na súa tripa e oínte. Lembro que dende aquel día aquilo converteuse case nun ritual, e eu (que son un toxo) dábache mimos e bicos extrauterinos.
2-Ías nacer o día do meu cumpre, o 31 de Maio. Ías ser, segundo papá e mamá, o meu agasallo máis importante. E ti, coma min, decidiches retrasarte unha semana máis. Xa che vale, tiven que agardar polo meu agasallo dúas semanas ata que saíches do hospital :P.
3-Cando voltaches do hospital despois da túa primeira operación. Tiñas bastantes puntos, e eu non tiña nin idea de cómo facer para que non che doesen. Lembro que cada vez que tentaba moverte ou axudarche facíache dano, e dábame moitísimo medo.
4-Aprendeches a ler e a escribir con tres anos... moito antes ca min. Odieite en silenzo (e a viva voz) durante meses :P
5-O día no que fixeches de McGyver e cortaches o cable da túa lámpada. Saltaron os plomos e chegaches á cociña coa manga do xersei churruscada e as tesoiras de corta-las unllas dos bebés. Menudo elemento!
6-Os días nos que estiveches ingresado pola segunda operación, con cinco anos, que chegaches a casa queixándote de que o Hospital era un sitio horrible no que entrabas san e saías enfermo.
7-Un dos peores recordos da miña vida protagonízalo ti: o día no que te desmaiaches na escola. Teño algunhas imaxes gravadas a ferro daquel día. E os días que estiveches ingresado, que nos escribíamos cartas. Non sei onde quedarían, pero sería xenial telas recuperado, coa túa letra desastrosa de cinco anos (mira quen foi falar!). Todo o mundo se sorprendía de que nos escribíramos, pequeno como eras, e tiña moita gracia; ti contábasme o día aburrido de hospital e eu o día aburrido na casa de Purilla.
8-As mudanzas, e o medo que nos daba aquel piso de aluguer con papel nas paredes... e o divertido que era pintar na terraza.
9-Tódolos veráns en Tirán. Sen dúbida, un dos mellores recordos da miña infancia. Os días na praia facendo castelos, buscando tesouros e aprendendo a nadar (por que sempre tes que facelo todo antes ca min?). A casiña de tela, as tardes de chuvia no faiado buscando nos armarios vellos, a casa de Cris, os tutelos que nos fixera papá e cos que arruinamos varias camisetas...
10-Lembro as tardes na Garrida e na Pouleira, na piscina de Adri. Os xogos coas escobas na casa dos avós. As carreiras con Misca e Trotsky polas pedras...
11-Os días que xogabamos nas obras da casa e a mudanza definitiva a Vincios.
12-A Sobreira, cos de Zamáns (dos que riamos tanto e que daban tanto medo). As carreiras de bicis pola Fraga e os accidentes máis ou menos aparatosos. A piscina grande.
13-O famoso Fin de Ano no que ningún Cabezas comeu as uvas... ese si que foi grandioso. E o teu cabreo, menudo berrinche!
14-Agamenón (Aga, para os amigos). Os primeiros días, cando era un cadeliño e choraba. Os intentos por civilizalo, en van. O seu berce que houbo que tirar para que non seguise dándolle renda solta ao seu desexo sexual. Aga meténdose na piscina, entrando na casa e ladrando para que soubésemos que estaba aí. Aga sentado no sofá cheo de lama (aquel día a mamá case lle dá un patatús), cheirando todo o garaxe porque sabía que nalgún lado estaba a súa comida...
15-O teu primeiro día de instituto. Estabamos ti, Marta e mais eu e nós dábamosche consellos para o primeiro día de clase. Non sei cal dos tres estaba máis nervioso :-).
16-As viaxes no insoportable (e inmundo) autobús ao instituto, co Discman oíndo calquera cousa para non ter que oír a música horrible de Chuvias... ou de Tino.
17-A miña selectividade e os folgos que me deches (e o pin da sorte, non o esquezas ti!)
18-As apertas de verdade, desas que din que me vas botar de menos sen que mo teñas que dicir ti. As veces que me pides que volte (xa te arrepentirás) para facer cousas xuntos.
19-Os plans que temos para este verán :-)
20-Tódolos agasallos que me fixeches, dende o CD feito por tódolos meus amigos, o álbum de fotos co que te percorreches Vigo para que o asinasen todos, as fotografías, os zapatiños para saír voando, a canción máis bonita do mundo...
...e mentres eu o único que fago hoxe é sacarte da ducha para cantarche o Parabéns, pór unha montaxe horrible no fotolog e escribirche isto, que é cutre pero espero que che faga ilusión. Lembro moitas outras cousas, por suposto, que 18 anos dan para moito, pero quizais estas sexan das máis relevantes.
Quérote moito, Teo, e aínda que reneguemos o un do outro continuamente sei que eu non sería como son sen ti... e supoño que ti tampouco sen min. Biquiños! E de novo, parabéns!
chúzame -
Mierda T.T tenia todo escrito y el blog me lo borro por no poner mi mail T_T
Que bonico :’)
En fin.. pos eso q aun me acuerdo de todas las chorradas que pusiste :’) aunq como todas las cosas… nunca me acuerdo hasta q alguien lo hace por mi ( por esos se me dan tan mal estas cosas de recordar grandes dias de mi vida o mis 5 defectos inconfesables :O) Bueno pataquiña que nos sea leve lo que nos queda de tortura :) y..esta vez acabas tu antes que yo ¬¬
PD: La verdad es que… cual era ese pin O.o?
PPD: El mensaje original tenia MUCHISIMA mas gracia :(
PPD: La verdad es que este año no e tenio rato ni pa pensar en que regalarte :S jopes, ni un cacho en el fotolove….y bueno q sepas que tu regalo supera el afan de llenarme de ropa de mamam (que en el fondo lo hace para ahorrarse ir luego )
Chau :*
Felicidades para o teu irmán. Ainda que en realidade quería darchas a ti. Máis que nada pola alegría que se te ve polo resultado das eleccións en Gondomar.
Da a sensación de que os que vivimos fora do pobo o facemos con máis intensidade.
Este blog teu chegoume a través dunha amiga que se dedica a enviarme todo o que se encontra na rede sobre Gondomar. A maior parte xa sabemos como é. Pero estas notas túas sobre o resultado e a posible configuración do concello é gratificante.
Espero que ningún corvo negro (chámese Alfonsito ou como se queira) non veña a graznar nese sábado que, polo lido no blog, podesestar en Gondomar e celebralo.
Eu non, pero sen dúbida, a familia, si.
Gracias e saude e república (galega, claro)
Jo.
Parabéns para o teu irmán!
Sígome negando a aceptar que os irmáns pequenos da xente crezan.
qué bonito…
e como me gusta formar parte desas lembranzas…
o que lembro de Teo con máis agarimo é o día co seu hamster morreu afogado, e o mal que o pasou, o triste que estabades todos na casa, e eu, e todos intentamos animalo como fose… e o contento que se puxo con aquel chaveiro con forma de corvo… e tamén me lembro dos bailes con axitamentos cas cancións de Abba e os A-teens (ai deus), e na casa teño aquelas notas que Teo nos deixou nunha das nosas primeiras saídas por churruca, debaixo da almofada, despois de facernos as camas, para que non as tivesemos que facer nos o chegar de madrugada…
e o “rápido” que ían os Sims no ordenador da túa casa, e as pelexas constantes con el por xogar…
felicidades Teo
(e por certo, de pequeno eras todo un pupas, uhm?) ^___^
=)
aun me acuerdo… bueno de algunas cosas no :O si nunca mostre a nadie mis magnificos bailes :O XDDDD
Que tiempos aquellos sip ^^’