ETA rompe a tregua
Posted by leituga on 05 xun 2007 at 09:57 am | Tagged as: Caos, Política
Supoño que agora moitos diredes 'sabíao', ou 'qué agardabas'. Pois eu o que agardaba non era isto. Eu agardaba a fin da loita armada, por riba de todo.
Baixo o meu punto de vista, todos se equivocaron. ETA cometeu un grave erro co atentado da T-4, no que morreron dúas persoas por pura mala sorte. E digo o da mala sorte porque o lugar onde se ía produci-lo atentado estaba desaloxado, agás por dúas persoas que durmían nos seus coches. O que nos leva a outra reflexión: por que durmían esas dúas persoas nos seus coches? Pois porque non eran de Madrid, vivían noutras comunidades. E que facían en Madrid? Ir buscar a alguén, porque o Estado centralizado só permite que os voos internacionais de longo percorrido cheguen a Madrid, e cando outras Comunidades plantexan xestiona-los seus aeroportos e amplia-la cobertura dos mesmos, Madrid di que non, non vaia ser que lles quiten importancia. Pero o centralismo exacerbado non é o tema de hoxe. Ao que ía, coido que ETA cometeu un grave erro co órdago que lanzou en Decembro. Estou convencida de que só pretendían lanzar un aviso, un pulso ao poder, pero trabucáronse nas formas. Un atentado, o roubo de armas ou o envío de cartas de extorsión a empresarios non son formas de garantir unha tregua.
Pero coido que desta vez non só foi ETA quen se equivocou. O PSOE confundiuse de camiño, por covarde. Tíñalle tanto medo ao voto de centro e ao pouco voto de dereita que raspa que non se atreveu a dar pasos importantes, pasos históricos. O que tiña que ter feito Zapatero (e o seu goberno, que non foi só cousa súa) era facer oídos xordos das críticas que lle chovían dende a dereita, e dende determinado sector da poboación que de súpeto, colleulle o gusto a saír de manifestación, e avanzar. Facer propostas, escoita-las do interlocutor e chegar a un termo intermedio. Que non queres que se independicen? Pois moi ben, pero cando menos non lles ilegalíce-lo partido.
Non hai ningunha xustificación política ou legal que permita ilegalizar un partido. Digan o que digan dende o goberno, é unha decisión anticonstitucional, coma a de pechar xornais. Onde se viu iso? Pois nas dictaduras. Estou convencida de que en Francia ninguén se cuestionou ilegaliza-lo partido de Le Pen (e si, coido que é a primeira vez que poño como exemplo de algo a Francia). Paréceme moi chistoso que nos escandalicemos co que fai Chávez en Venezuela, que pecha canles de TV por seren críticos co seu goberno, e nós aquí clausuramos Egunkaria e ilegalizamos todo o que cheire a abertzale. Independentemente de se estás dacordo con eles ou non, son unha opción política tan válida como pode se-la miña. E non é certo que estean a favor da loita armada como norma. Non é certo que sexan uns 'radicais' como norma. E tampouco é certo que cada contenedor que arde ou cada sucursal bancaria que se queima sexa por motivos políticos. Que en Vigo tamén arden e ninguén, agás Núñez Feijóo, falou de Batasuna en Galiza. Tamén se equivocou o PNV, sendo tan ou máis covarde se cadra que o PSOE. Se realmente o que queres é que o proceso avance, axuda a facer camiño, non fales de 'empurrar', senón de avanzar. O PNV, baixo o meu punto de vista, arrimouse á árbore que lle daba mellor sombra e mollouse en contadas ocasións. E por suposto, non vou falar do PP, porque eles teñen moi claro de onde veñen a meirande parte dos seus votos. Senón, non tería sentido que alentasen o discurso do medo ata nas eleccións municipais. Que xa me dirás qué lle importa a un de Motril ou a un de Ribadeo que a esquerda abertzale consiga ou non votos en Altsasu.
Con esta clase política covarde, máis preocupada polos votos das eleccións xerais que por facerlle un ben á sociedade, pouco imos avanzar. Interésalles moito que haxa un inimigo, reasinar pactos antiterrorismo, ser de cando en cando o centro de atención a nivel internacional porque hai uns tipos medio tolos que queren independizarse e matan xente. Con esta clase política o único que sinto é desprezo, porque non se decatan de que somos moitos os que confiamos na súa eficacia, no seu bo facer, para levar a cabo grandes proxectos, coma o da paz. Non se decatan de que estivo nas súas mans, de que o tiveron moi preto e que o deixaron escapar. A miña pregunta é: haberá máis oportunidades coma esta? e de habelas, vaise facer algo? O tempo dirá, pero eu non creo. Xa non confío en Madrid.
Se queredes ler máis: 1, 2, 3, 4,.
chúzame -
Pois inda que non é o tema de hoxe, o da centralización tenme a min ata as mismísimas.
Tiven que gastarme un billete a Madrid e 200 dólares americanos para sacar o visado, e sabes para qué? o día que eles me digan (nin sequera pode elixir) teño que ir a embaixada para unha entrevista en persoa! e so se pode facer en Madrid. Iso sí, que nin se me ocorra entrar cun bolso, movil, mochila ou similar que igual pensan que vou armada (e non me deixan entrar directamente) ademais a entrevista é en plan “sabes frabricar explosivos?”
Gustaríame responderlle: se soubera non cho iba a dicir a ti, so gilipollas!!!!
Muitas persoas dirán que non é o día para dicir estas cousas pero realmente a eles nunca lles chega o día. preferirían que a normalidade política fose denunciar q o pnv fala con eta, que o psoe fala con eta, que o psoe pacta con Na-bai e dirixir a opinión pública polo camiño que eles preparan. Non me extraña que en Madrid pasase coas eleccións o que pasou pq alí só hai un camiño da política e o psoe nin lle tuse.
Xa me enleo e non pode ser. Quería dicir que concordo co que escribiches e que si é o día para poñelo.
discrepo! las personas que murieron en el aeropuerto no fue por mala suerte… por mala suerte puede no tocarte la loteria o tropezarte y romperte un pie (aunque eso mas seria torpeza :P) esas personas murieron pq exploto una bomba al lado suyo, y eso leituga, no es mala suerte, es una bomba, y mata. Ademas si lo que quieres es dar un aviso puedes mandar un telegrama, o incluso puedes intentar buscarle las cosquillas al gobierno con comunicados (como el que dieron de tregua solo en catalunya antaño), pero no pones una bomba, si pones una bomba tienes dos objetivos, destruir cosas y destruir personas. Y asi paso, claro.
Por otra parte si que esta todo bastante centralizado, pero la verdad, leitu, (respondiendo a lo que dices) no tiene mucho sentido que salgan vuelos internacionales desde todos los aeropuertos del estado, cuando la mayoria de extranjeros que viajan a sus paises de origen estan trabajando en las “grandes ciudades”, por tanto el tema no es tan facil como parece, bien es verdad que hay que luchar contra la centralizacion de los recursos, ademas asi no habria tanta masificacion, pero no me vale como excusa para explicar lo de barajas. Y fijate si estan centralizadas las cosas que lo estan hasta las bombas. En serio, a muchos madrileños nos gustaria que no estuviera todo tan centralizado. Y supongo, respondiendo a otra de las cosas que dices, que si esas tristes y cobardes bombas no estuvieran tan centralizadas iwal tb les importaba mas el tema a los de motril o ribadeo.
Pero, evidentemente, coincido en que aqui se ha equivocado todo el mundo, pero no solo los partidos politicos, a veces la gente se pasa y quiere ser mas papista que el papa, y eso va tanto para unos como para otros. Como dijo un actor que me cae bastante mal… “En este pais lo que sobra es mucha ideologia”
Y no creo que haya muchas posibilidades como “esta”, entre comillas pq ni siquiera se si existio en algun momento, todo depende de que ambas partes quieran y creo que ahora mismo ninguno de los dos quieren.
Todo esto sin acritud! un bico.