maio 2007
Monthly Archive
Monthly Archive
Posted by leituga on 11 mai 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns
É curioso. Nunca fun unha persoa demasiado segura de min mesma, non tiña un gran concepto de min mesma nin me tiña por unha persoa especialmente brillante (a ningún nivel), e sempre tentaba agochar tódolos meus medos e manías tras unha fachada falangueira.
O caso é que, non sei se será pola idade ou polo sol que está facendo estes días, pero sorprendentemente noto que cada día esa Eu-de-antes vai desaparecendo, dando paso a unha nova persoa á que estou coñecendo ultimamente. Hai pequenas cousas que non me gustan desta nova eu, pero hai moitas outras que me gustan moito, que me encantan. De súpeto síntome ben, con seguridade e (case) sen medos. Gústame sentirme segura de min mesma, e saber que as persoas que me importan me apoian. Son consciente de que moitos non entenderán nada disto, e que moitas das decisións que tomo-tomarei non van ser comprendidas, pero tampouco espero que o fagan. É o que fago, o que penso, o que sinto, e non hai nada malo en face-lo que un cre que debe facer, mesmo incluso se estar segur@ de que é a decisión correcta (quen ten esa certeza). Se ao final sae mal, non pasarei a vida pensando que podía telo feito e non o fixen. E se sae ben, ole.
E si, sei que este post soa a anuncio de compresas, pero tiña ganas de escribir algo así. Algo estilo 'A quién le importa lo que yo haga'. E xa. As cousas van saíndo, paseniño. A curta está estancada dende hai tres semanas, pero o demais vai vento en popa, e iso tamén inflúe. E se consigo porme morena este verán xa sería a monda. :P
chuzame -
Posted by leituga on 09 mai 2007 | Tagged as: Leitugadas
Como cada vez que se achega o meu aniversario, este ano farei outra lista mental do que me gustaría que me regalárades (á que nunca lle facedes caso, por certo). A diferenza é que este ano vouna dar a coñecer.
Para o meu vixésimoterceiro aniversario (que non é pouco) quero isto:
http://www.jennylc.com/intimate_controllers/
É coma o DDR ou o Twister, pero en divertido! :D
chuzame -
Posted by leituga on 07 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Despois da entrada triste de antes, unha cousa ben bonita.
A miña (recuperada-despois-de-moito-tempo e marabillosa) amiga Marta é unha artista. Certo que non é a única artista que teño o pracer coñecer e ter como amiga (hai unha que mesmo forma parte dunha xeración literaria por descubrir!), pero dende logo, é das mellores.
A súa primeira -gran- incursión no mundo audiovisual é simplemente marabillosa.
Sueños, de Marta Cabrera.
PD: Haberá que pensar en proxectos conxuntos! :P
chuzame -
Posted by leituga on 07 mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Despois do día da nai, que a miña pasou facendo unha oposición, despois da cea de curta -grazas, rapazas, porque fixen terapia e catarse- e despois dunha fin de semana de adicción... pouco queda xa que contar.
O mes de Maio comeza como rematou Abril: raro, confuso e con mil cousas bulindo na cabeza. O que quero, o que debo e o que fago son cousas completamente distintas, e agora mesmo vexo e sinto cambios que non podo explicar e que non axudan a porlle remedio a esta situación. E non, mamá, os complexos vitamínicos non serven para estas cousas.
Por sorte (parece mentira que eu vaia dicir isto) os exames, os traballos, a fin da rodaxe e a posprodución vanme ter ocupada por un tempo. Maio, pasa tan rápido coma os anteriores, que non teño ganas de pensar.
chuzame -
Posted by leituga on 06 mai 2007 | Tagged as: Caos, Leitugadas
Posted by leituga on 02 mai 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns
Por se non tedes suficiente con prepararvos psicoloxica e fisicamente para as vindeiras eleccións hai algo que podedes ir facendo mentres tanto:
O vindeiro domingo 6 ás 12 do mediodía en Compostela, manifestación contra a explotación urbanística do territorio. Para evitar cousas como as acontecidas en Gondomar... non ás Marbellas galegas! Se queredes saber máis
...aviso a navegantes: é probable que o meu tempo en Bilbo se estea esgotando, así que acelerade as visitas. Os primeiros en vir teñen entrada ao Guggenheim gratuita (teño 2!).
chuzame -
Posted by leituga on 01 mai 2007 | Tagged as: Política
Pero qué rabia dá cando estás media hora escribindo unha entrada analizando listas políticas, criticando e louvando decisións e falando sobre o que ti farías e de súpeto desaparece todo por arte de birli-birloque.
Internet e eu, esa relación de amor-odio.
Ben, en resumidas contas viña dicindo que me parece unha moi mala idea que Abel Caballero (por qué, deus, que che fixemos!?) leve de segunda de abordo a Chus Lago, a alpinista. Que si, que como alpinista demostrou moitas cousas, pero... no eido da política? É o mesmo caso que Santi Domínguez con Chano Rodríguez. A min Chano paréceme unha persoa excepcional, en serio. Coñecino cando estaba no instituto e pensei que era unha das persoas máis admirables de cantas vin na vida, tanto pola súa capacidade para resarcirse como por ser capaz de sacarlle partido á adversidade. Pero opino o mesmo que no caso de Chus Lago, que unha carreira deportiva ou profesional admirable non implica nada máis. De quen xa non vou falar é de Cori, por suposto, nin de Soto, aínda que o programa de Soto sempre é o máis gracioso de todos cantos se presentan, sobretodo cando estaba Arca, vaia dúo!.
Outra das cousas que non entendo, que non me cabe na cabeza, é o feito de que Santi Domínguez e Abel Caballero xa estean falando de pactos. POR FAVOR, NON! Prefiro catro anos máis de Corina Porro que un pacto do BNG con ESE INDIVIDUO. Ten razón o meu pai, sabio onde os haxa, cando di que prefire un alcalde do PP que un do PSOE... alomenos cos primeiros xa sabes o que te podes esperar, xa sabes que non che gustan.
Pero en realidade eu xa teño o voto dedicido dende... dende que coñecín a este home cando eu andaba no instituto. Gondomar, sitio distinto.
chuzame -