Esta fin de semana estiven na cidade que me quedaba por ver do norte da Península: Logroño. E agora entendo por qué quedou para o final :P. A cidade non ten moito que ver, o casco vello percórrelo nunha tarde e o centro urbán é coma o de calquera parte, pero a verdade é que o pasei pipa. As viaxes normalmente son divertidas, pero cando vas a un destino vinícola a cousa mellora. Ademais de acabar cos dentes morados descubrín que

1- son propensa a invertarme ditos populares:

-Vamos a Santo Domingo de la Calzada, 'donde cagó la gallina después de asada'

-Antía, es 'cantó', no 'cagó'

-Uhm... iso non lle dá máis sentido ao dito.

 2- pase o que pase, sempre acabamos en Haro:

-vamos a Haro?

-Sí, que siempre pasamos y nunca paramos

-Mm... non che soa esa praza? NOOOOOOON! XA ESTIVEMOS AQUÍ! (Terror, é un sitio horrible)

Ademais no hotel vin un anaco dunha das miñas películas fetiche (Garden State), que me puxo de bo humor, rin a cachón con Eurovisión, probamos pintxos de peixe espada (!!), coñecemos xente do máis variopinta (o home-bailarina e a súa camarilla son un bo exemplo), tomamos o primeiro xelado da tempada, descubrimos o acueducto invisible de Lodosa, vimos un deserto en plena Nafarroa, mareeime de tanto xogar nun columpio á ribeira do Ebro e comecei a porme morena. Iso si, as fotos parecen de película de terror (e a cor dos dentes non axudaba). Pese a que Logroño sexa fea :P

Nota aclaratoria sobre cidades (que moitos xa sabedes): Se tivese que escoller unha cidade para vivir, por principios (e platonismo) sería Compostela (pese á chuvia e ás costas). Se fose por comodidade escollería Zaragoza, que me pareceu de tamaño idóneo e planicie perfecta. Se tivese que escoller por clima, Valladolid (frío seco e sol en inverno e -case- nada de chuvia). E por fermosura nórdica, Copenhague (e polas bicis, coma Zaragoza).

PD: e se aínda non a coñecedes, tedes que ver Garden State (aquí 'Algo en común'). Fermosa ata dicir basta.

PPD: De volta á rutina, pero con boas perspectivas. Moito traballo para as vindeiras semanas: volvemos retoma-la rodaxe, o martes emiten a miña reportaxe en Radio Euskadi, os tres traballos horribles están en proceso e son capaz de lembrar sinais de tráfico. ¿Que máis se pode pedir? A min ocórreseme unha cousa... ;)

Chuzame! chúzame -