Cha-cha-cha-cha-chaaanges
Posted by leituga on 11 mai 2007 at 08:47 pm | Tagged as: Lista de ligazóns
É curioso. Nunca fun unha persoa demasiado segura de min mesma, non tiña un gran concepto de min mesma nin me tiña por unha persoa especialmente brillante (a ningún nivel), e sempre tentaba agochar tódolos meus medos e manías tras unha fachada falangueira.
O caso é que, non sei se será pola idade ou polo sol que está facendo estes días, pero sorprendentemente noto que cada día esa Eu-de-antes vai desaparecendo, dando paso a unha nova persoa á que estou coñecendo ultimamente. Hai pequenas cousas que non me gustan desta nova eu, pero hai moitas outras que me gustan moito, que me encantan. De súpeto síntome ben, con seguridade e (case) sen medos. Gústame sentirme segura de min mesma, e saber que as persoas que me importan me apoian. Son consciente de que moitos non entenderán nada disto, e que moitas das decisións que tomo-tomarei non van ser comprendidas, pero tampouco espero que o fagan. É o que fago, o que penso, o que sinto, e non hai nada malo en face-lo que un cre que debe facer, mesmo incluso se estar segur@ de que é a decisión correcta (quen ten esa certeza). Se ao final sae mal, non pasarei a vida pensando que podía telo feito e non o fixen. E se sae ben, ole.
E si, sei que este post soa a anuncio de compresas, pero tiña ganas de escribir algo así. Algo estilo 'A quién le importa lo que yo haga'. E xa. As cousas van saíndo, paseniño. A curta está estancada dende hai tres semanas, pero o demais vai vento en popa, e iso tamén inflúe. E se consigo porme morena este verán xa sería a monda. :P
chúzame -