Maio 2007
Monthly Archive
Monthly Archive
Posted by leituga on 30 Mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Parabéns para miiiin!
Pois si, estou de aniversario. Un aniversario dominado polo cambio, a tódolos niveis.
E xa recibín as primeiras felicitacións e os primeiros agasallos! (que, por certo, xa non só é que non teña queixa, é que estou superagradecida! -osea-).
Grazas aos que estades, aos que vos lembrades e aos que seguides aí, pase o que pase. Se o merezo ou non, o tempo o dirá.
chuzame -
Posted by leituga on 28 Mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política
Co 70% do voto escrutado, atrévome a lanza-las campás ao voo. GRAZAS, GONDOMAR! Unha vez máis a democracia demóstrame que, se participas, funciona. Con autobuses cheos de vellos, con corrupción urbanística, con voto emigrante falseado... e aínda así, é posible.
Se a cousa queda así, o PP obtería 7 escanos, o BNG 5, o PSOE 4 e MOVE GONDOMAR 1, co cal, cun pacto entre BNG e PSOE, Antón Araúxo sería alcalde! Parabéns para el, e parabéns para tódolos que imos poder disfrutar desta nova etapa, da súa calidade como persoa e como candidato. Ogallá, ogallá a ilusión que sinto agora mesmo se vexa reforzada nestes vindeiros catro anos. Porque nolo merecemos.
Aburiño, Silva!
PD: Definitivamente, é unha etapa de cambio.
chuzame -
Posted by leituga on 26 Mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Política
Realmente agardades, veciños de Gondomar que estades a ler isto,
un cambio?
que Carlos Silva se levante do asento no que leva tanto tempo apoltronado e diga: 'perdín, voume'?
que a partires de mañán o voto non se compre a cambio de asfalto ou bocadillos?
que a partires de mañán o voto, directamente, non se compre?
que o Val Miñor deixe de aparecer nos xornais como a Marbella pontevedresa?
Pois eu si. Eu confío. Dádeme razóns para seguir facéndoo.
...e mentres tanto, outro ciclo que se pecha... ou non.
chuzame -
Posted by leituga on 24 Mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Extraperrestres é un proxecto de animación que comezou hai cousa de catro anos. O Colectivo Garrafón estaba inmerso nunha das súas reunións de traballo, desas que sempre acababan en desbarre, cando alguén (probablemente Carlos) fixo un dos xogos de palabras absurdos que nos caracterizaban. E a partires de aí naceron persoeiros como Perrita Hayworth, Perrol Flynn, Sando-Can, Cadela Vargas, etc. Ben, pois o que en principio era unha coña estase a converter, da man dunha das garrafónicas (ver aquí) nun proxecto de curta de animación:
'Extraperrestres. Porque la Galaxia está llena de hijos de perra'.

Xa vos irei contando os progresos.
Por certo, por se non o sabedes (ou non o lembrades) os integrantes do Colectivo Garrafón, son os mesmos que crearon e disolveron Rara Avis Produccións e que formaron parte do FLAN (Fronte de Liberación Audiovisual do Noroeste). Para máis info: 1, 2, 3, 4, 5, ...
chuzame -
Posted by leituga on 21 Mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas, Política
Son as sete da mañán. Esta noite durmín mal e aproveitei para levantarme e avanzar coas cousas de clase. Non sei se isto é responsabilidade ou estupidez, a verdade.
O caso é que mentres buscaba información sobre outro tema atopei un blog moi interesante. E mentres aquí nos saturan con promesas que ninguén vai lembrar pasado o 27 de maio, en Palestina están empeñados en soluciona-los seus problemas acabando coa pobación, e senón, xa se encargará Israel de dárlle-lo tiro de graza.
Frío, chuvia, vento e resfriado. Calquera diría que faltan 11 días para xuño (e 10 para o meu aniversario, non o esquezades!)
chuzame -
Posted by leituga on 19 Mai 2007 | Tagged as: Leitugadas
Hoxe é un bo día, nada do que fagas mo vai estropear.
As cousas avanzan, a rodaxe rematou, quen me importa está aí e aínda que chova son feliz. E para porlle a guinda ao post pastelón de hoxe, pop cutre dos oitenta! Desas cousas que a miña nai cantaba de cando en vez.
chuzame -
Posted by leituga on 17 Mai 2007 | Tagged as: Caos, Cousas..., Leitugadas
Estamos en plena rodaxe. A secuencia rodada onte estivo xenial, ata o punto que case se me saltan as bágoas. Pero non sen complicacións, claro, senón non andaría eu polo medio.
Conversas roubadas durante a rodaxe:
Por que non entra o audio/ Enchufaché-lo micro/ Pois esta é a entrada/ Cambia a XLR/ Hai que porlle Phantom/ Si, dalle ao Phantom/ Entra/ Non, isto é unha merda/ Por que lles deixarán as HDV aos de primeiro/ Á pértega fáltalle unha peza/ Se o soltas cae/ Quen deixou a cámara acesa/ Acabouse a batería/ Sopra demasiado vento, merda/ Imos probar un plano fixo/ Facemos planos aberrantes/ Si, despois probamos cámara en man/ En Canal Euskadi collen a cámara así, por debaixo/ Pois co pulso que teño/ Merda, os folios/ Que lle pasa ao balance/ Ai, que merda/ Isto non acaba nunca/ O caranguexo do trípode está mal/ Mira a burbulla/ A ver, barras/ Por que comeza a contar dende 5/ Está rebobinada/ Sí, barras outra vez/ A ver, cinco e...
E cousas así. Calquera diría que estamos a piques de obter un título. Uf.
Tremede, Almodóvares do mundo!
chuzame -
Posted by leituga on 14 Mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
E como non só de cine e viño vive a xente, dúas recomendacións:
Zero 7, moi semellantes a Smoke City, Moby ou Shivaree, con pequenas xoias como 'In the waiting line'.
A muliña quéreme ben, que ademais de cousas 'novas' de Zero 7, acaba de atoparme unha xoia: un recopilatorio dos vinilos de Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán. Non eran un gran grupo, pero forman parte da miña infancia. Señora Azul, unha das miñas cancións favoritas, e 'Nuestro problema', unha perfecta banda sonora para este estraño día a día. E si, a culpa é dos meus pais.
chuzame -
Posted by leituga on 13 Mai 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas
Esta fin de semana estiven na cidade que me quedaba por ver do norte da Península: Logroño. E agora entendo por qué quedou para o final :P. A cidade non ten moito que ver, o casco vello percórrelo nunha tarde e o centro urbán é coma o de calquera parte, pero a verdade é que o pasei pipa. As viaxes normalmente son divertidas, pero cando vas a un destino vinícola a cousa mellora. Ademais de acabar cos dentes morados descubrín que
1- son propensa a invertarme ditos populares:
-Vamos a Santo Domingo de la Calzada, 'donde cagó la gallina después de asada'
-Antía, es 'cantó', no 'cagó'
-Uhm... iso non lle dá máis sentido ao dito.
2- pase o que pase, sempre acabamos en Haro:
-vamos a Haro?
-Sí, que siempre pasamos y nunca paramos
-Mm... non che soa esa praza? NOOOOOOON! XA ESTIVEMOS AQUÍ! (Terror, é un sitio horrible)
Ademais no hotel vin un anaco dunha das miñas películas fetiche (Garden State), que me puxo de bo humor, rin a cachón con Eurovisión, probamos pintxos de peixe espada (!!), coñecemos xente do máis variopinta (o home-bailarina e a súa camarilla son un bo exemplo), tomamos o primeiro xelado da tempada, descubrimos o acueducto invisible de Lodosa, vimos un deserto en plena Nafarroa, mareeime de tanto xogar nun columpio á ribeira do Ebro e comecei a porme morena. Iso si, as fotos parecen de película de terror (e a cor dos dentes non axudaba). Pese a que Logroño sexa fea :P
Nota aclaratoria sobre cidades (que moitos xa sabedes): Se tivese que escoller unha cidade para vivir, por principios (e platonismo) sería Compostela (pese á chuvia e ás costas). Se fose por comodidade escollería Zaragoza, que me pareceu de tamaño idóneo e planicie perfecta. Se tivese que escoller por clima, Valladolid (frío seco e sol en inverno e -case- nada de chuvia). E por fermosura nórdica, Copenhague (e polas bicis, coma Zaragoza).
PD: e se aínda non a coñecedes, tedes que ver Garden State (aquí 'Algo en común'). Fermosa ata dicir basta.
PPD: De volta á rutina, pero con boas perspectivas. Moito traballo para as vindeiras semanas: volvemos retoma-la rodaxe, o martes emiten a miña reportaxe en Radio Euskadi, os tres traballos horribles están en proceso e son capaz de lembrar sinais de tráfico. ¿Que máis se pode pedir? A min ocórreseme unha cousa... ;)
chuzame -