Lomo
Posted by leituga on 25 abr 2007 at 10:05 pm | Tagged as: Lista de ligazóns
Grazas a Tania coñecín a Lomografía.
A primeira vez que estiven na súa casa, coido que en primeiro da carreira, vin unha fotografía que me encantou. Explicoume que a fixera cunha Lomo. Unha que? Unha Lomo, unha cámara de fotos con varios lentes. Disparas unha vez e fai unha secuencia de fotografías. Xenial idea, é coma unha pequena película nun negativo!
E agora, catro anos despois do descubrimento, e cun interese renovado pola fotografía... acabo de facerme con unha!! É básica, con catro lentes e carcasa plástica, pero para comezar é un bo paso (un paso de 39 euros).
E para os que descoñecedes qué é a Lomografía: http://es.wikipedia.org/wiki/Lomograf%C3%ADa
Teñen ata un decálogo:
1- Leva sempre a cámara contigo / 2- Emprégaa de día e de noite / 3- Lomografar non interrompe a vida cotiá, pona en escea / 4- Dispara dende a man, non dende a cara / 5- Achégate todo o que poidas ao teu obxectivo / 6- Non penses / 7- Sé rápido / 8- Non é preciso sabe-lo que tes no carrete ao momento / 9- Despois tampouco / 10- Non te preocupes por ningunha das regras.
Ai... de aquí a sete días, treme, Bilbo!
E si, soa superficial, pero ás veces tonterías así axudan a facer un pouco máis levadeiro o que parece irremediablemente imposible.
chúzame -
desculpeme vostede, pero atopo que a identificación que fai entre LOMO, e camara de varios lentes é incorrecta….nada ten que ver o numero de lentes que monte unha camara con ser lomo,…..en fin…creo que deberia ler vostede o artigo da wikipedia ao que fai referencia ou acoder a http://www.lomospain.com
Jajajaja…..un bico raparighaaaaaa
para cando unha leituga en flickr?
Desculpe vostede! Claro que tamén poderías termo dito en privado e así non se tiña porqué enterar o resto do mundo :P
(…) isto pásame por ter amigos ‘listos’. Ejem.
Aprender é de sabi@s ¬¬ ou não :P pq agochar as ignorâncias? São tantas e tant@s @s q temos q aprender!!!