Abril…
Posted by leituga on 24 abr 2007 at 06:27 pm | Tagged as: Caos, Leitugadas
O mes de abril sempre é así. Aturdidor.
Pasan demasiadas cousas neste mes, polo menos na miña vida sempre foi así. Parece mentira, se ten só 30 días e normalmente unhas vacacións de por medio. Pero si. Abril.
Ando especialmente melancólica estes días, dentro dunha coiraza. Fago cousas que non debería facer, escoito a Yann Tiersen e a Sophie Auster (cousa que debería estar prohibida, xunto co Adore dos Smashing Pumpkins), leo libros tristes (e outros aburridos), fago e refago estúpidos traballos, atópome a min mesma pensando en posibilidades remotas, pensando noutras cidades, pensando noutras vidas... cometendo erros. Atópome perdida, por incoherente que pareza, e non podo evitar repetirme unha e outra vez a mesma pregunta. Esa pregunta que ten unha resposta clara e diáfana no interior e que non quero que saia á luz. Porque a todos nos custa encara-la verdade, sobretodo cando non di o que nos gustaría. Sería marabilloso dicir 'fixeches ben, olla para adiante, que aí te-lo premio ao esforzo', pero non hai tal. Ollo para adiante e vexo incertidume, medo e... non sei.
Como creo que xa dixen noutro post, sei qué é o que non quero. Tamén sei qué é o que quero, e o que me gustaría. Creo que sei os pasos que teño que dar para chegar aí, pero tamén son consciente de que vou deixar moitas cousas polo camiño, de que me vou arriscar e de que pode saír mal. É tan probable que saia mal que ás veces sinto medo de dar ese paso. Pero teño que facelo. Quero facelo. Se polo menos tivese algún sinal, algún aceno, algo... que me axudase a pensar 'estou facendo o correcto', sería perfecto.
Non medredes nunca.
Soando: Yann Tiersen. L'absente.
chúzame -
O peor de todo é que seguro que algún día añoramos estes meses de incertidume.
Pensa q não vai ser a primeira nem a última vez q sintas isso, é fodido, mas o problema não é crezer, se não q nos atopamos sem os recursos para poder faze-lo…
Não sei, é tudo compricado, mas o máis importante é q fagas o q che faga feliz, não por fazer o debido e sentir-te mal por dentro vai ser máis doado q ser valente e dizer o q sintes…Avante e folgos!!! :)
A tormenta sempre passa…Logo chega a calma e já verás q bem te sintes daquela :)