Abril 2007

Monthly Archive

Vi(n)cio(s)

Posted by leituga on 29 Abr 2007 | Tagged as: Cousas..., Leitugadas

Unha ponte que non é ponte (mañán, luns, a clase) debe celebrarse por todo o alto: futbolín, chinchón, Party, chocobollo e unha nova serie á que viciarme 'Habitación Perdida'. Altamente recomendable, de momento.

... e por recomendación, Heroes vén trotando na muliña. Jiji

Chuzame! chuzame -

Lomo II

Posted by leituga on 28 Abr 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

Onte á tardiña, mentres estaba na radio, a Lomo chegou a casa! É tan chuspiña!! Teño unhas ganas de sacala a pasear por Bilbo! :-D

A semana que vén rematamos coa rodaxe... e o venres festa de equipo! De aquí a finais de Maio só queda montar e sentirnos satisfeitas co resultado :)

Por certo, a BSO da curta vén da man de Haatik. Entrade na páxina e escoitade 'Etorkinen Ezbaia', para min a mellor canción do grupo. Incluindo as súas versións dos Ramones e de Pearl Jam :).

Chuzame! chuzame -

Lomo

Posted by leituga on 25 Abr 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

Grazas a Tania coñecín a Lomografía.

A primeira vez que estiven na súa casa, coido que en primeiro da carreira, vin unha fotografía que me encantou. Explicoume que a fixera cunha Lomo. Unha que? Unha Lomo, unha cámara de fotos con varios lentes. Disparas unha vez e fai unha secuencia de fotografías. Xenial idea, é coma unha pequena película nun negativo!

E agora, catro anos despois do descubrimento, e cun interese renovado pola fotografía... acabo de facerme con unha!! É básica, con catro lentes e carcasa plástica, pero para comezar é un bo paso (un paso de 39 euros).

 E para os que descoñecedes qué é a Lomografía: http://es.wikipedia.org/wiki/Lomograf%C3%ADa

Teñen ata un decálogo:

1- Leva sempre a cámara contigo / 2- Emprégaa de día e de noite / 3- Lomografar non interrompe a vida cotiá, pona en escea / 4- Dispara dende a man, non dende a cara / 5- Achégate todo o que poidas ao teu obxectivo / 6- Non penses / 7- Sé rápido / 8- Non é preciso sabe-lo que tes no carrete ao momento / 9- Despois tampouco / 10- Non te preocupes por ningunha das regras.

Ai... de aquí a sete días, treme, Bilbo!

E si, soa superficial, pero ás veces tonterías así axudan a facer un pouco máis levadeiro o que parece irremediablemente imposible.

Chuzame! chuzame -

Abril…

Posted by leituga on 24 Abr 2007 | Tagged as: Caos, Leitugadas

O mes de abril sempre é así. Aturdidor.

Pasan demasiadas cousas neste mes, polo menos na miña vida sempre foi así. Parece mentira, se ten só 30 días e normalmente unhas vacacións de por medio. Pero si. Abril.

Ando especialmente melancólica estes días, dentro dunha coiraza. Fago cousas que non debería facer, escoito a Yann Tiersen e a Sophie Auster (cousa que debería estar prohibida, xunto co Adore dos Smashing Pumpkins), leo libros tristes (e outros aburridos),  fago e refago estúpidos traballos, atópome a min mesma pensando en posibilidades remotas, pensando noutras cidades, pensando noutras vidas... cometendo erros. Atópome perdida, por incoherente que pareza, e non podo evitar repetirme unha e outra vez a mesma pregunta. Esa pregunta que ten unha resposta clara e diáfana no interior e que non quero que saia á luz. Porque a todos nos custa encara-la verdade, sobretodo cando non di o que nos gustaría. Sería marabilloso dicir 'fixeches ben, olla para adiante, que aí te-lo premio ao esforzo', pero non hai tal. Ollo para adiante e vexo incertidume, medo e... non sei.

Como creo que xa dixen noutro post, sei qué é o que non quero. Tamén sei qué é o que quero, e o que me gustaría. Creo que sei os pasos que teño que dar para chegar aí, pero tamén son consciente de que vou deixar moitas cousas polo camiño, de que me vou arriscar e de que pode saír mal. É tan probable que saia mal que ás veces sinto medo de dar ese paso. Pero teño que facelo. Quero facelo. Se polo menos tivese algún sinal, algún aceno, algo... que me axudase a pensar 'estou facendo o correcto', sería perfecto.

Non medredes nunca.

Soando: Yann Tiersen. L'absente.

Chuzame! chuzame -

Rob Paravonian e o Canon de Pachelbel

Posted by leituga on 22 Abr 2007 | Tagged as: Leitugadas

Se non vos rides con isto, é que non tedes sentido do humor.

Como me alegro de toca-lo violín :)

Chuzame! chuzame -

Paralelismos…

Posted by leituga on 21 Abr 2007 | Tagged as: Caos, Cousas..., Leitugadas

Aínda que sei que debería estar a preparar os -espero- derradeiros exames da miña vida universitaria, hoxe estoume a dedicar a outros mesteres.

 Non pensades que a vida ten ciclos? Eu si, aínda que non iguais, con certas semellanzas. Por curiosidade volvín ler as primeiras entradas do meu vello blog (anda a ligazón por aí) e resultoume sorprendente atopar isto, escrito nos primeiros días da miña andaina universitaria... aló polo 2003:

..."Sempre pensei que a miña vida tiña un antes e un despois, e a miña meta a acadar era chegar ata aquí, e unha vez que cheguei asáltanme as dúbidas: agora que? que se supón que debo facer? e se fallo? o medo ao fracaso xa non vén dado pola inseguridade de saber se chegaría ata o final, se o conseguiría algún día, senón por non saber qué facer a partir de aquí. É claro que continuar, pero... de onde se sacan os folgos para seguir, se teoricamente xa o conseguiches, se xa non tes que seguir loitando? (...) Supoño que a todos nos pasa nalgún momento, que nos atopamos un tanto desorientados, sen saber moi ben cara onde tirar. Non temos claro o lugar no que se sitúan as rochas, e temos medo de leva-lo barco contra elas"...

Sorpréndeme estar agora exactamente igual. Ter a mesma sensación, volver a sentirme perdida. Sinto que remata outra etapa, quizais a máis importante: pasar de ser estudante a ser... algo, despois de dúas décadas de formación académica... e non sei como enfrontarme a ela. Volvo a experimentar esa sensación de ruptura que notei anteriormente, pero con máis forza. Volvo sentir medo e valor ao mesmo tempo. Sei cal é o punto ao que quero chegar, pero non sei cómo, e teño medo de errar de camiño. Teño medo de facer dano a quen non debo e de que as esperanzas postas no futuro a medio prazo se desvanezan antes de poder chegar a tocalas.

O meu eterno problema: o medo.

Un chisco de paciencia, por favor.

Chuzame! chuzame -

Curriculum Vitae

Posted by leituga on 19 Abr 2007 | Tagged as: Lista de ligazóns

Cincuenta sobres escritos de puño e letra, cincuenta selos pegados, cincuenta CVs de dúas páxinas, cincuenta cartas de presentación personalizadas e asinadas. Entre hoxe e a vindeira semana casetódolos medios de comunicación do país recibirán o meu CV.

Se deste xeito non o consigo, dimito.

Nota: Pre-licenciada, a dous meses de remata-la carreira, busca emprego en medios de comunicación/productoras/axencias de publicidade/etc, preferentemente en Galiza... claro que a estas alturas non sei se estarei en condicións de esixir ren.

Chuzame! chuzame -

Dies horribilis

Posted by leituga on 18 Abr 2007 | Tagged as: Leitugadas

Definitivamente, haiche días e días do máis variopinto.

Baixo o meu punto de vista, debería haber unha lexislación para facer que, en función do día que teña un, soase determinada música, botasen según qué películas ou as opcións de ocio fosen acordes ao estado anímico do individuo en cuestión. E digo isto porque hoxe non teño o meu mellor día... e o disco de tangos de Calamaro non o está a amañar.

Un mal día... dunha tempada estraña. Que pare o mundo, que eu me baixo!

 

Andrés Calaramo - Algo contigo.

Chuzame! chuzame -

Benvid@s!

Posted by leituga on 17 Abr 2007 | Tagged as: Caos

Ás veces as decisións que parecen arroutadas son as mellores.

...se queredes saber máis da miña anterior eu http://leituga.livejournal.com

Xa me explicarei con calma, que hai máis días que lentellas.

Chuzame! chuzame -